Menu Xerais

A novela «A punta de pistola», de Fran Alonso, foi presentada onte ante douscentos alumnos e alumnas no IES de Teis

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela A punta de pistola, de Fran Alonso, Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia.

 

«A punta de pistola»

Acompañei a Fran Alonso na presentación no IES de Teis de A punta de pistola, a súa novela máis recente, gañadora do Premio La Voz de Galicia de novelas por entregas 2012. Tras unha presentación moi didáctica do autor sobre o proceso de escrita desta obra, unha ducia de alumnos e alumnas de 3º de ESO mantiveron con el unha conversa arredor da novela que se alongou durante case unha hora.

Fran Alonso desvelou que novela nacera hai anos dunha noticia que lera en Faro de Vigo sobre o secuestro duns rapaces a cargo dos seus pais. «Daquela escribín un artigo de opinión sobre aquel feito tan estraño». Preguntado sobre se os personaxes ou os feitos da novela eran reais, Fran contestou que «se ben, a maioría dos personaxes, non existían como tales, todos tiñan algo real. No obstante, si é real a figura de Celia Rivas, a primeira muller que sacou o carné para conducir camións en 1932». «Como tamén foi real o secuestro dos xemelgos co que se inicia a novela. O que facemos os escritores é reescribir a realidade, reinventámola, cuspímola sobre o papel e cando o facemos a realidade xa non é a mesma. Sometémola a nosa mirada e distorsionámola».

Preguntado sobre cal consideraba o personaxe máis chamativo da novela, Alonso non dubidou en «que o máis lle custou traballar foi a parella de pais, Varas e Rica, lévanse mal, discuten, mais están indisociablemente unidos. Tratei de retratalos nos seus diálogos, que fosen moi vivos. Definir esa parella foi o maio reto da novela».  Sobre os nomes de Pixie e Dixie, a parella de xemelgos, confesou «que en todas as miñas obras quero que os nomes dos personaxes expresen algo. «Pixie» e «Dixie» son nomes que amosan o comportamento impulsivo dos seus pais, escasamente reflexivo, que se deixan levar polos medios de comunicación. Ningún dos nomes das miñas obras pretendo que sexa arbitrario».

Alonso tamén foi interrogado sobre a utilización da segunda persoa nalgúns capítulos da novela. «Ao longo da novela utilicei as tres persoas. A terceira para os capítulos protagonizados pola parella dos pais, coa intención de ser o máis obxectivo posible. A primeira para os capítulos protagonizados pola camioneira, para facer o relato máis intimista. E noutros, a segunda persoa, xa que permite un achegamento á intimadade da primeira, ao tempo que axuda a diferenciar as voces narrativas, un recurso técnico que guía ao lector». A cuestión da brevidade do texto tamén foi suxeito de curiosidade doutro dos lectores: «Tiven que respectar unha extensión de 3.500 caracteres en cada un dos trinta e cun capítulos, xa que así o exixían as bases do premio de novela por entregas. Foi unha auténtica tortura, mais tamén unha beizón para escritor, xa que debe incluír o máximo contido coas mínimaspalabras posibles. É unha beizón para depurar o texto». Tamén foi consultado sobre a relación entre as distintas historias da obra, que Fran xustificou no «traballo de ensamblaxe das diferentes pezas. Como a novela parte dunha fuxida moi tola nun coche foi un pouco máis doado introducir a historia dun camión».

Cando foi preguntado sobre se pretendía denunciar a situación dos nenos que viven en centros de menores, Alonso reflexionou sobre a intencionalidade do traballo do escritor. «A literatura ten que entreter, enganchar ao lector para que pase un bo rato. É un reto. Mais tamén o é que a novela obrigue a pensar, a reflexionar, a vivir situacións que doutra forma nunca viviría. Podemos vivir a través dos personaxes. Nesta novela quixen que os lectores puidesen meterse na pel dunha persoa que viviu o maltrato. Quixen axudar a reflexionar sobre o maltrato, machismo, quixen propoñer un camiño cara un mundo mellor. A literatura permite utilizar a panorámica de altura, global, coma a que temos cando vemos dende un avión».

Concluíu o que foi unha sesión moi intensa, seguida con grande atención por máis de douscentos alumnos e alumnas, falando sobre outros temas como a condición de Fran Alonso como escritor galego («tomei a conciencia da lingua na adolescencia»), sobre a importancia da lectura («a lectura achéganos criterio, coñecemento, para tomar decisións en liberdade»), sobre o carácter autobiográficos das súas obras («todos os meus libros teñen un pouso que ten que ver coa propia vida, mais ningún é autobiográfico»), coas súas obras favoritas («por todos os meus libros teño unha querenza especial») e polos proxectos nos que está traballando («estou cun libro infantil, mais teño abertos arredor de vinte proxectos en distinto estado de evolusión. Son moi disperso, non son capaz de concentrarme cun proxecto até que está moi avanzado»).

Foi esta do IES de Teis unha presentación literaria de gran interés. Un modelo a ter moi en conta. A nosa gratitude para todas as persoas que participaronn, os lectores e lectoras que protagonizaron a conversa con Fran, aos seus compañeiros e compañeiras que a seguiron con atención e respecto e ao equipo docente que preparou con todo detalle o evento. Beizóns para todas elas.

Manuel Bragado

Hai 17 comentarios. Engade o teu.

Saúl Veloso Iglesias —

Foi unha boa experiencia poder estar na presentación do novo libro dun escritor, pareceume interesante.

Respostar »

Encarna Osorio Montengro —

O pracer foi noso. Xa tiveramos a sorte de telo o ano pasado con nós falándonos de “Cartas de amor”, pero teño que recoñecer que a presentación deste ano sorprendeume, foi moi amena e didáctica. Penso que para os alumnos é unha sorte poder falar de tu a tu cun escritor e axúdaos a ter unha perspectiva diferente da literatura. Ademáis, traballan a obra con máis profundidade pois saben que despois terán que facer unha entrevista e esto lévaos a acercarse ó libro dunha maneira máis “profesional” e “madura”. É unha experiencia que recomendo a todo o mundo, os nosos alumnos quedaron encantados.

Respostar »

ERIK ALONSO MOLARES —

a min pareceume unha entrevista extensa de máis, tamen era un pouco aburrida , ainda que hai que recoñecer que poder ter un escritor que te explique como se crea un libro e interesante.

Respostar »

Aaron Martin —

Pareceume unha entrevista bastante entretenida e desta forma soupemos como se escribe un libro, cunha inspiracion que case nunca che ven a primeira.

Respostar »

Araceli Gorrita —

A entrevista de Fran Alonso , pareceume bastante interesante e outra experiencia vivida no IES DE TEIS cos meus compañeiros polo tanto non a olvidarei. Gustoume facer este traballo para a súa entrevista. Foi un pracer poder telo con nos e poderlle preguntar todas as nosas duvidas sobre a súa novela.

Respostar »

Sara Álvarez —

A min pareceume unha entrevista entretenida, e penso que temos sorte por poder ter a Fran Alonso no noso instituto. Ademáis agradezcolle o feito de que nos regalara o seu novo libro firmado por él. En definitiva, `penso que a súa visita estivo moi ben.

Respostar »

yago dominguez de leon —

A entrevista que lle fixeron a Fran Alonso,pareceume interesante porque non todos os dia temos xente coma Fran Alonso no ies de teis.Gustaronme as preguntas que lle fixeron os meus compañeiros de tercero da E.S.O.As cousas que non me gustaron foron que quizais o final se fixo un pouco longo porque houbo informacion que xa dera Fran Aalonso e que se repetiu nalguha pregunta que xa lle fixeran.Pero eu quedome coa parte positiva.

Respostar »

Ángela Otero —

Cando dixéronos que Fran Alonso viña ao IES de Teis xa me parecía unha idea interesante. Xa que o seu libro de cartas de amor me gustaría moito léelo. Cando a nosa profesora díxonos que imos facer nos a entrevista, encantoume, pois nunca fixemos ningunha actividade así.
A experiencia foi moi boa gustaríame repetir.

Respostar »

Mariña Prieto Villar —

É un pracer haber colaborado na entrevista que fixeron os meus compañeiros a Fran Alonso, tamén unha pena non poder haber asistido, tiña moitas ganas. A súa novela gustoume porque é bastante entretenida. Podo dicir que o traballo mereceu a pena. É un honor que Fran Alonso vira ó noso instituto, o IES de Teis.

Respostar »

Alba Méndez —

A idea que que viñera un escritor ó instituto pareceume unha boa idea , e máis ter a oportunidade de poder facerlle preguntas sobre a súa última obra aun era máis interesante. A punta de pistola pareceume un libro entretido e que recomendo a súa lectura.

Respostar »

Óscar Martínez Seguín —

Creo que foi un gran privilexio falar con Fran Alonso sobre o seu libro, xa que é un gran escritor. Gustoume moito a entrevista, o único fallo foron as primeiras preguntas xerais, xa que Fran resumiunas antes de comezar a entrevista,pero saimos do paso e continuamos coas seguintes preguntas . Eu creo que aprendemos cousas do libro,cousas da literatura en xeral e o dificil que é escribir un libro.

Respostar »

Javier González Ricarte —

Eu son un das persoas de 3º ESO dos que participei na entrevista e que dicir que o feito de haber lido a súa obra e logar poder telo diante poderlle facer as miñas preguntas a sido un pracer, é todo un pracer poder coñecer ao escritor do libro que has lido, ha sido unha gran experiencia para o instituto que Fran Alonso nos haxa visitado e espero que volva pronto con novas obras e nos con novas preguntas que facerlle.

Respostar »

Alba Campos Casal —

Foi un traballo entretido para facelo e ademáis ao facelo en grupo era sencillo. Gustoume facerlle a entrevista a Fran Alonso e que viñera a presentar o seu traballo ao noso instituto. Creo que foi unha boa esperiencia para min e para os meus compañeiros en xeral.

Respostar »

Santiago Fernández González —

Eu son de 3ºESO.
Gustoume moito a entrevista a Fran Alonso pareceume impresionante o que hai que facer para poder escribrir un libro, ainda que o libro me resultou dificil de ler polos cambios de narrador .
Esperamos o seguinte libro para poder facer novas preguntas.

Respostar »

Andrea García Pérez —

A entrevista pareceume moi interesante e penso que tivemos unha gran sorte de poder ter a un escritor con nós no intituto.

Respostar »

josé alberto piñeiro —

a min pareceume unha entrevista moi entretenida ,por qiu o escritos contounos como fixera o seu ultimo libro ,como o compuxera

Respostar »

Lara Cid Iglesias —

A explicación de Fran Alonso cambiou a miña forma de pensar sobre os libros, aprendín moitas cousas, tamén nos ensinou como escribir.

Respostar »

Deixa un comentario!