Menu Xerais

Anxo Angueira: «O máis importante é o seu pensamento social, político, crítico e feminista». Entrevista sobre «Cantares gallegos» en Radiofusión

Radiofusión emitiu unha entrevista a Anxo Angueira sobre Cantares gallegos de Rosalía de Castro. A entrevista pode escoitarse aquí.

 

Anxo Angueira: «A de Cantares é unha Rosalía de alborada»

Un século e medio despois e séguese a revelar inesgotable. “Cómpre lelo en claves distintas ás que se veu lendo, porque para nada é folclórico nin costumista”, explica Anxo Angueira, autor dunha nova edición crítica de Cantares Gallegos que vén de editar Xerais co gallo do 150 aniversario da publicación dos poemas que alumearon o Rexurdimento das letras galegas. “Rosalía era unha intelectual do seu tempo. Utiliza os cantares como un vestido, como un disfrace para lanzar o seu pensamento social, político, crítico e feminista, que é o importante”, abunda o tamén presidente da Fundación que preserva o legado rosaliano. En conversa con Radiofusión, Angueira resolveu que en Cantares Gallegos Rosalía “fala dun novo tempo, di “fóra a noite”, que acabaron os séculos escuros”, chama a vivir unha nova etapa con esperanza e, ao cabo, “esa é a mensaxe final do libro e que debemos recoller tamén nestes tempos nosos de tribulacións”.

 

Deixa un comentario!