Menu Xerais

Como unha novela. Anotación en Trafegando ronseis sobre «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a presenza de Ramón Nicolás no Club de Lecturada Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda, centrado en Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.

Actualización 29/11/13: O blog do Club de Lectura de Silleda publicou unha anotación sobre a intervención de Ramón Nicolás e Luís Ferreiro na sesión dedicada á biografáia de Celso Emilio Ferreiro. Pode consultarse neste enlace.

 

Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro

Con moita ilusión agardamoRamón Nicolás, autor do libro escollido para comezar este segundo curso en compañía: Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro publicado por Xerais. Unha visita que vén con sorpresa incluída! s hoxe no Club de Lectura de adult@s a visita de

Se hai unha biografía dun autor que peche a posibilidade de seguir investigando esa é esta. Ramón Nicolás non deixa un petisco sen profundar, sen analizar, sen ofrecernos absolutamente toda a información posible. E faino de tal xeito que, finalmente, será imposible non amar a poesía deste poeta que se sitúa no cume máis alto da Historia da nosa Literatura. Saberemos coa lectura deste libro da infancia de Celso Emilio en Celanova, da súa participación na guerra, do seu exilio, da volta a Madrid. Todo iso, máis coñecido, estará rodeado de moitísima máis información que a maioría dos mortais descoñeciamos; teremos, agora, unha visión completa da loita que supón unha vida como a de Celso Emilio.
Pero quizais o que máis sobresaia da lectura dunha biografía sexa que leamos este libro coma se fose unha novela, e aí radica precisamente a maxia que lle infire Ramón Nicolás á escrita: sabe que achegarse a un ensaio sempre é máis difícil do que o é unha novela e é quen de transformar ambas nunha narración biográfica áxil e entretida. Asemade, Ramón Nicolás, dende o respecto e o amor a esta figura, pode maxinar escenas que o papel nos transportará para vivilas canda Celso Emilio.
Unha das integrantes do noso club é mai dunha miña alumna de 1º de Bacharelato. O outro día pregunteille en clase se a súa nai lera o libro. A resposta, chea de cariño e ledicia da nena foi: “Miña nai está pesadísima. Di que está namorada de Celso Emilio e que quere ler toda a súa poesía”. Fiquei feliz. Iso significa que a elección foi axeitada e que o club serve para… moito, moito!!! E para ela vai este pensamento de Celso Emilio: os poetas son “desenversados” porque os seus versos permanecen para sempre.
“A casa vai ficando baleira. Hai moito rebumbio nela, todo remexido, todo fóra do seu sitio en ben de tarecos esparexidos que non se sabe aínda se irán a parar aos baúis ou cumprirá desfacerse deles de vez…, semella como se levantasen o campamento logo dunha longa tempada instigando o inimigo, por riba este raro calmizo que reina nun estraño mes de maio como este.
CEF senta no seu despacho minúsculo da casa, hoxe máis escuro e tenebroso ca nunca; a mesa xa varrida dos poucos enseres que sempre tivo arriba dela, os andeis da biblioteca só deixan ver a poeira que delimitaba a posición dos vellos libros agora metidos en caixas, pasa un dedo pola madeira mentres prende outro cigarro…”

Deixa un comentario!