Menu Xerais

Concerto «A miña primeira Rosalía» en Ortigueira

O luns, 30 de decembro, ás 20,30 horas, no Teatro da Beneficencia de Ortigueira celebrarase o concerto «A miña primeira Rosalía».

A miña primeira Rosalía é un libro-CD que acaba de publicar Edicións Xerais De Galicia, da autoría de Xiana e Xosé Lastra. A parte musical desenvólvese igualmente nun concerto do mesmo nome, nun espectáculo que se acaba de estrear e Ferrol (Teatro Jofre) e en Santiago (Teatro Principal). No concerto, con textos de Rosalía de Castro, participan as voces de María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra, acompañados de músicos como Nani García, Xurxo Varela, Adrián Saavedra, Nuria Lestegás, Manolo Dopico, Paco Barreiro, Roberto Grandal, Simón García e Xoán Collazo.

En facebook: https://www.facebook.com/aminhaprimeirarosalia

Deixa un comentario!