Menu Xerais

«Costa do solpor», de Xosé Mª Lema: unha novela centrada na xeografía do mar

El Correo Gallego publicou unha noticia sobre a presentación en Compostela de Costa do Solpor, de Xosé Mª Lema.

 

Unha truncada viaxe de volta que remata na Costa do Solpor

A novela de ficción do autor vimiancés Xosé María Lema foi presentada onte na librería Couceiro de Santiago de Compostela, da man do académico Ferro Ruibal

O historiador vimiancés, lexicógrafo e doutor en Historia da Arte, Xosé María Lema Suárez, continúa percorrendo a xeografía galega coa presentación do seu último libro de aventuras de mar Costa do Solpor. O autor estivo onte na librería compostelana Couceiro acompañado polo académico Xesús Ferro Ruibal, quen se encargou de loubar esta novela de ficción, finalista do Premio Xerais 2011 e con moi boas críticas ata o momento.

“Xa fai quince anos que tiña a idea de facer esta novela”, recoñeceu o autor, quen por motivos de adicacións non puido sacar ata agora. As súas colaboracións como lexicógrafo e o seu coñecemento en fraseoloxía enriquecen os textos, “obviamente son escritor monolingüe en galego e neste caso ata os diálogos están caracterizados coa fala das xentes da Costa do Solpor, por exemplo”, ademáis de apelidos galeguizados, xente de portos.

Deixa un comentario!