Menu Xerais

Diego Ameixeiras: «Síntome moi cómodo no xénero negro». Entrevista sobre «Todo ok»

Xosé Manoel Rodríguez publicou en La Voz de Galicia unha entrevista a Diego Ameixeiras sobre a súa novela Todo OK .

 

 

«Todo O. K. parte da historia real dunha operación de narcotráfico»

O escritor ourensán creou unha novela de xénero negro tomando como base o apresamento dun submarino

Entre as actividades da Feira do Libro de Ourense incluiuse onte a presentación de Todo O. K. do escritor, xornalista e guionista Diego Ameixeiras.

-¿Presentar na feira de Ourense é cita obrigada?

-Pois aínda que pareza o contrario é a primeira vez que presento un dos meus libros na feira. Non por nada en concreto, das outras veces cadrou que as obras sairon moito antes e xa non se fixo presentación na feira, aínda que si en Ourense.

-Xoga en casa.

-Claro. Sempre é unha satisfacción vir presentar unha obra á túa cidade, voltar á casa e compartir o tempo cos amigos.

-Desta volta abandoa Oregón para tomar como punto de partida un feito real.

-Todo O. K. está condicionada pola realidade. A historia naceu tomando como base cando se incautou nunha operación antidroga en Galicia un submarino, ou un sumerxible, para transportar droga. Aínda que nunca chegou a funcionar. A partir de aí creo un relato de ficción, nada que ver con esa operación pero si tomando esa historia que apareceu en todos os medios de comunicación como punto de partida, no que unha muller que está encausada move todos os seus contactos, dende a Guardia Civil, á xente do mundo do narcotráfico e outras esferas, para evitar o proceso.

-Mantense no xénero da novela negra.

-Si, afástase do que son as miñas obras anteriores, no do espazo e persoaxes, pero é unha historia que se enmarca no xénero negro, que é un espazo no que me sinto moi cómodo e que é co que máis me identifico.

-¿Como valora a acollida?

-Está tendo boas críticas e xa vai pola segunda edición. A verdade é que non me podo queixar porque está funcionando ben.

-¿Que repercusión teñan as feiras na promoción das obras?

-Todo axuda. As feiras dánche a oportunidade de atoparte cos lectores e falar de literatura.

Xosé Manoel Rodríguez

Deixa un comentario!