Menu Xerais

Esperada reedición da “Guía das plantas de Galicia” de Xosé Ramón García

Hoxe chegou a esperada reedición da Guía das plantas de Galicia do prestixioso botánico Xosé Ramón García.

A Guía das plantas de Galicia, editada por vez primeira en 2008 e que levaba varios anos esgotada, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos polo seu contorno.

Deixa un comentario!