Menu Xerais

Fermosa e emotiva: «O Castañeiro de Abril», de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013

La Voz de Galicia publicou unha pequena recensión crítica de Olalla Sánchez sobre O Castañeiro de Abril, de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, ilustrado por Antonio Seijas.

 

Das cousas miúdas

Fermosa e emotiva novela de superación e dignidade persoal, merecedora do premio Merlín. A historia, brillantemente escrita, céntrase nun protagonista, un rapaz cego que tivo unha vida complicada; dúas antagonistas, as súas malvadas tias; e unha figura máxica. Este personaxe logra virar a historia con xiros aventureiros, que fan voar a imaxinación dos lectores. O título, que bebe da tradición popular, é un canto ás cousas miúdas, fonte de grandes satisfaccións.

Olalla Sánchez

Deixa un comentario!