Menu Xerais

Fina Casalderrey e Elena Gallego viaxarán á Feira do libro de Guadalajara (México)

As escritoras Fina CasalderreyElena Gallego Abad estarán presentes como autoras convidadas na Feira do libro de Guadalajara 2013 (México). Reproducimos a información da Asociación Galega de Editores.

 

Fina Casalderrey e Elena Gallego son as autoras galegas convidadas na FIL 2013

A próxima semana estarán na Feira Internacional do Libro de Guadalajara as dúas autoras galegas convidadas para participar no Programa Ecos de la FIL, Fina Casalderrey e Elena Gallego, unha actividade de enorme éxito, na que a escritora e académica da RAG xa tivo a ocasión de participar no ano 2009, naquela ocasión  acompañada por Manuel Rivas e Alfredo Conde. As autoras participarán en actividades en diversas escolas e outros centros educativos da cidade de Guadalaxara, Jalisco. Fina Casalderrey estará no Centro Universitario de Los Valles e na Preparatoria nº17 desa cidade; e Elena Gallego participará en Líderes del Siglo e na Preparatoria Rexional Arandas. A representación institucional estará a cargo de Cristina Rubal, Subdirectora de Bibliotecas da Xunta de Galicia. Xosé Ballesteros, director de Kalandraka Editora, representará á Asociación Galega de Editores no evento.

A impresión das autoras

Fina Casalderrey garda uns intensos e inolvidables recordos da súa primeira participación na FIL, destacando a benvida dos  alumnos e alumnas de maxisterio que a recibiron e lle deron a benvida cantándolle música do país. Desta edición agarda a ledicia dun renovado encontro con mestres e mestras e cos rapaces e rapazas mexicanos. Axudar a promover e promocionar a LIX é sempre para a autora e académica unha tarefa inesquecible. Xuntamos as súas impresións da primeira visita neste arquivo.

Eena Gallego amósase entusiasmada con esta viaxe de traballo e para ela supón, segundo as súas palabras, “unha gran oportunidade para dar a coñecer os meus libros, de tender pontes para o dragón galego na reunión editorial máis grande de Iberoamerica” A autora leva unha maleta chea de ilusións e unha axenda de citas, e está encantada de ter a oportunidade compartir a súa estadía con Fina Casalderrey.

Deixa un comentario!