Menu Xerais

Francisco Fernández Naval: «Foi unha sorpresa atoparme cun personaxe así no pasado familiar». Entrevista sobre «A noite branca»

Radiofusión emitiu unha entrevista a Francisco X. Fernández Naval sobre a súa novela A noite branca con motivo da presentación do libro, onte en Ferrol.

 

A noite branca ou a guerra que sae dunha lata de marmelo

Unha muller, María Luísa, marca a orixe da novela de Francisco Fernandez Naval “A noite branca” que presenta esta tarde na Galeria Sargadelos de Ferrol. A través dunha historia familiar o escritor ourensán achegase á División Azul, aquel exército enviado por Franco á frente rusa na II Guerra Mundial, e na que chegaron a participar uns 3.000 galegos, entre eles Alfredo, un dos personaxes da novela. Fernandez Naval nunca quixera escribir sobre a guerra pero as circunstancias leváronno a ela.

Sociedade • 26/02/2013 • Autor: Redacción

Aqueles personaxes que xurdiron dunha caixa de marmelo, transpórtannos a “A noite branca” Estamos diante dunha novela histórica que ten moito traballo de investigación detrás e mesmo unha viaxe do autor ao lugar dos feitos, onde aínda quedan testemuñas, seguindo a mesma ruta que seguíu a primeira quenda de soldados que marcharon a pé e en tren.

Na presentación de “A noite branca”, ás 20.00h  en Sargadelos, Fernandez Naval estará acompañado polo historiador Bernardo Máiz, o xornalista Nicolás Vidal e Manuel Bragado, pois a novela editouna Xerais e vai pola segunda edición.

 

Deixa un comentario!