Menu Xerais

Manuel Rivas e Xosé Neira Vilas asistiron á Praza dos Libros de Carballo

El Correo Gallego publicou unha información sobre a presenza de Manuel RivasXosé Neira Vilas na Praza dos Libros de Carballo.

 

Neira Vilas e Rivas visitaron a Praza dos Libros de Carballo

A última xornada da Praza dos Libros de Carballo non podía ter mellor remate. Pola mañán Manolo Rivas presentou a súa obra titulada As voces baixas, que dedicou con orixinais debuxos ós seus lectores, e pola tarde foi Neira Vilas o que falou de dúas das súas publicacións, Aquel neno, que presentou en compañía de Miguel Toval, da editorial Embora; e Cancela aberta, que deu a coñecer con Manuel Bragado, de Xerais. A novidade foi que pola mañán, coincidindo coa celebración da Feira de Produtos Tradicionais de Carballo, os organizadores decidiron regalar un molete de pan a todos aqueles que mercaran algún libro.

(…)

 

Deixa un comentario!