Menu Xerais

“O meu primeiro Celso Emilio” en concerto na Coruña

O mércores, 6 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Colón da Coruña, terá lugar o concerto O meu primeiro Celso Emilio, no que participarán María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra.

Este acto, organizado pola Fundación Celso Emilio Ferreiro e Xerais,  conta con proxeccións, intervencións e actuacións musicais  que os autores ofrecen arredor do libro O meu primeiro Celso Emilio.

Deixa un comentario!