Menu Xerais

Os Premios Fervenzas Literarias 2013 recoñecen autores e libros de Xerais e a propia editorial

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos internautas e lectores do portal a través de 453 fichas de votación. Esta é unha fermosa iniciativa que dá pé á participación e á opinión dos lectores e lectoras, a quen agradecemos os excelentes resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

As categorías en que foron recoñecidos libros ou autores/as de Xerais son as seguintes:

Mellor libro narrativa para adultosAs voces baixas (Xerais) de Manuel Rivas

Mellor libro de ensaio e investigación O rastro que deixamos (Xerais) de Agustín Fernández Paz

Mellor libro xuvenil: Palabras de auga (Xerais) de Marcos Calveiro

Autor/a do ano: Agustín Fernández Paz

Ilustrador do ano: Miguel Anxo Prado

Mellor portada de adultos: Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguens e Manuel Lorenzo Baleirón

Mellor portada de LIX: Palabras de auga (Xerais). Ilustrado por Ramón Trigo

Mellor editorial do ano: Xerais

Mellor blog do ano: Brétemas

 

 

Deixa un comentario!