Menu Xerais

Os premios literarios na literatura infantil, a debate na Red Temática de Investigación «LIXMI». Crítica de Laura Blanco Casás

Laura Blanco Casás publicou en El Correo Gallego  o 12 de setembro unha recensión crítica sobre Premios Literarios e de ilustración na LIX, un novo título da Red Temática de Investigación “LIJMI”, con Blanca Ana Roig Rechou , Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez como coordinardoras.

 

Último monográfico da Rede Temática ‘LIXMI’

Premios literarios e de ilustración da Literatura Infantil e Xuvenil na última contribución que publica Edicións Xerais

Nove volumes suma xa esta serie de monográficos que a Rede Temática As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano (LIXMI), coordinada por Blanca-Ana Roig Rechou, se propuxo publicar anualmente desde o momento da súa creación, o pasado 2004. Desta vez, a temática elixida polos seus membros foi os Premios literarios e de ilustración da LIX, que vén de publicar Edicións Xerais.

Estes exemplares adoitan vir precedidos dunha achega teórica sobre o tema en cuestión, que neste caso asina o profesor da Universidade de Santiago de Compostela Anxo Tarrío Varela e que nos introduce de cheo no debate sobre o papel que os premios literarios desenvolven na sociedade de hoxe, constituindo un “elemento fundamental do mercado no que se converteu a literatura”.

Deixa un comentario!