Menu Xerais

Arquivo anual: 2013

Sedutora, misteriosa e fascinante: «O gardián invisible», de Dolores Redondo: unha novela con grandes expectativas para un lanzamento internacional

Enormes son as expectativas que está a crear a novela O gardián invisible, de Dolores Redondo, que Xerais publicará o vindeiro 15 de xaneiro no marco dun gran lanzamento internacional.

Xa están aquí. «A Estrela de Oriente», de Pemón Bouzas: un fermoso relato sobre a historia dos Reis Magos. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión crítica sobre  A estrela de oriente, de Pemón Bouzas.     A Estrela de Oriente Tíñao que ler xa, antes de que chegasen os Reis ou que o Papa se decidise a eliminalos, como fixo cos pobres animais do belén. E seica son de Sevilla… Así que a fermosa historia que Pemón Bouzas nos conta en A Estrela de Oriente.

As novas tendencias da novela negra: reportaxe sobre «Todo OK» con entrevista a Diego Ameixeiras no Zig Zag

O programa da TVG Zig-zag diario, que presenta a xornalista María Solar, emitiu unha reportaxe sobre Todo OK, a nova novela de Diego Diego Ameixeiras, a quen se entrevista.

Iolanda Zúñiga: «Existe mundo alén dos clásicos da literatura universal que, a risco de caer en herexía, non me alimentaron máis que o cine, a música ou os videoxogos»

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con Iolanda Zúñiga.   Parlamento das Letras: Iolanda Zúñiga Iolanda Zúñiga é unha escritora cuántica.

Entrevista a Manuel Rivas: en Onda Cero por «As voces baixas»

Reproducimos unha entrevista en Onda Cero a Manuel Rivas, realizada durante a presentación da última novela As voces baixas.

Manuel Rivas: «Pensei que se deixaba de escribir non pasaría nada». Entrevista de Carme Vidal

Sermos Galiza publica unha entrevista de Carme Vidal a Manuel Rivas, sobre a súa última novela As voces baixas.   Manuel Rivas: «Os personaxes conduciron a escrita d’As voces baixas» En poucas ocasións un libro nace con tan boa fortuna como acontece con As voces baixas (Xerais).

Novela negra que ofrece un retrato da condición humana: «Todo OK», de Diego Ameixeiras

Ramón Nicolás publicou o pasado sábado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre de Todo OK, de Diego Ameixeiras.   Derrotas sen compracencias Diego Ameixeiras, se cadra non é preciso subliñalo pero compráceme afirmalo, é un dos narradores galegos que con máis oficio e maior seriedade leva tempo internándose na novela de filiación policial, detectivesca ou negra.

Unha reconstrución desde a memoria e a investigación: «A noite branca», de Francisco X. Fernández Naval

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre o libro A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval.

Unha acertada banda deseñada que entra polos ollos: «Cartas de inverno», de Antonio Seijas. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre a novela gráfica Cartas de inverno, de Antonio Seijas, baseada na novela do mesmo título de Agustín Fernández Paz.   Un clásico agora en banda deseñada    Hai pouco comentabamos aquí a vixésima edición deste clásico que é Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz.

Singular, conmovedora e emocionante: «Palabras de auga», de Marcos Calveiro. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou unha recensión crítica sobre Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012, nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.

Unha obra que ten cautivado a parte do público adolescente galego: «Dragal. A fraternidade do dragón». Crítica de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia confidencial unha recensión crítica sobre Dragal. A fraternidade do dragón, de  Elena Gallego Abad.   Terceira entrega de Dragal Complétase a trioloxía da historia do dragón galego. Unha obra que ten cautivado a parte do público adolescente galego desde a primeira entrega en 2010. Crítica de Xosé Manuel Eiré.

Entrevista de María Solar a Antonio Seijas no Zig zag sobre a súa novela gráfica «Cartas de inverno»

O programa da TVG Zig-zag diario, que presenta a xornalista María Solar, entrevistou a Antonio Seijas sobre a súa novela gráfica Cartas de inverno, baseada na novela de Agustín Fernández Paz.   Antonio Seijas no ZigZag Diario from Antonio Seijas on Vimeo.