Menu Xerais

Arquivo anual: 2013

Quen dá máis?: «A terra queima», o libro-disco de Lalo Carnota e Xurxo Souto

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre A terra queima, o libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar que parte dun proxecto do músico Lalo Carnota, con música súa, con texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro.

Presentación en Cáceres de “O valego” de Xosé-Henrique Costas

O venres, 27 de decembro, ás 18:00 horas, no Hotel La Palmera en Valverdi du Fresno, Cáceres, terá lugar a presentación do libro O valego. As falas de orixe galega no Val do Ellas (Cáceres-Extremadura) de Xosé-Henrique Costas. No acto participarán Estela Estévez Téllez, estudante valverdeira, Ana Alicia Manso Flores, filóloga valverdeira e o autor.

Manuel Veiga: «Despois deste tempo de crise, chegou o momento de volver a utilizar a palabra utopía». Entrevista sobre «Os xornalistas utópicos»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Manuel Veiga sobre a súa novela Os xornalistas utópicos,   «O maior perigo que corre un xornalista é caer no cinismo» Con Os xornalistas utópicos (Edicions Xerais), Manuel Veiga (Monforte,1960) consolídase como unha das voces de referencia da literatura galega destes principios do século XXI.

Onde habita o desconcerto: «Matarte lentamente», un salto cualitativo de Diego Ameixeiras. Crítica de Montse Pena Presas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou recensión crítica de Montse Pena Presas sobre a novela Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras.

A valentía fronte á adversidade: «O Castañeiro de Abril», de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013. Crítica de María Navarro

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou recensión crítica de María Navarro sobre O Castañeiro de Abril, de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, ilustrado por Antonio Seijas.

O fotógrafo que plasmou a Transición: « Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)». Reportaxe de Fernando Franco

Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Fernando Franco sobre o acto de onte no Club Faro sobre Cameselle no que se presentaba Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005).

Un vello poema dramático parta entender o presente: «A cegueira», de Marcos Abalde Covelo. Crítica de MV García

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou recensión crítica de MV García sobre A cegueira, de Marcos Abalde Covelo, Premio Álvaro Cunqueiro 2011, editado en colaboración con AGADIC. A recensión titúlase «Ritual orxiástico» e pode lerse ou descargase neste enlace.

A escritora María Reimóndez, recoñecida polo xurado do Premio SIEM de Investigación Feminista «Concepción Gimeno de Flaquer»

A escritora María Reimóndez resultou galardonada cun accésit polo xurado do Premio SIEM de Investigación Feminista «Concepción Gimeno de Flaquer».  O recoñecemento recae sobre o traballo titulado  «De miradas, diálogos y desencuentros.

Elena Gallego Abad: «Dragal é un mundo moi grande». Entrevista en Radiofusión

Radiofusión emitu unha entrevista con Elena Gallego Abad sobre o seu proxecto Dragal e sobre as próximas iniciativas vencelladas aos libros. A entrevista pode escoitarse ou descargarse aquí en mp3.

‘Recoméndollo ás persoas que están detrás do televisor’: «Todos somos«, de Marcos Calveiro. Opinións dos estudantes do Club de Lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco

Algúns rapaces e rapazas do Club de Lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco escribiron no seu blog as súas opinións sobre Todos somos, de Marcos Calveiro.

Sinatura de Manuel Rivas na Libraría Nova Colón da Coruña

Sinatura de Manuel Rivas na Libraría Nova Colón da Coruña

O sábado, 21 de decembro, a partir das 19:00 horas, Manuel Rivas asinará exemplares dos seus libros na Librería Nova Colón, rúa San Andrés 112, da Coruña.

«Cadeas», coma a vida. Anotación de Francisco Fernández Naval sobre a novela de Xabier López López, Premio Xerais 2013

O escritor Francisco Fernández Naval publica no seu blog unha anotación sobre Cadeas, de Xabier López López, novela gañadora do Premio Xerais 2013.     CADEAS, COMA A VIDA O pasado venres, 13 de decembro, na biblioteca da AA VV Atochas-Monte Alto-A Torre, presentabamos a novela de Xabier López López, Cadeas, premio Xerais deste ano. Na mesa estabamos Fran Alonso, Xabier e máis eu.