Menu Xerais

Arquivo anual: 2013

Renovar a gramática e cuestionar modelos femininos herdados: «Presente continuo», de María Reimóndez. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre  Presente continuo, o novo libro de poesía de María Reimóndez.

Diego Ameixeiras: «Ao límite, todos somos potenciais delincuentes». Entrevista en Radiofusión sobre «Matarte lentamente»

Radiofusión emitiu unha entrevista con Diego Ameixeiras pola novela Matarte lentamente. A entrevista pode escoitarse ou descargarse neste enlace.   Diego Ameixeiras: «Ao límite, todos somos potenciais delincuentes» Algúns lembrarán un dos momentos de máis tensión deste curso parlamentario, cando aínda se permitía o acceso ao hemiciclo de colectivos cidadáns con ganas de facer sentir o seu parecer.

Colorear a Galicia da Idade de Ferro. Reportaxe de Jaureguizar sobre «Vento e chuvia», de Manuel Gago

O xornalista e escritor Jaureguizar publica en El Progreso unha reportaxe sobre Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago, ilustrado por Manel Cráneo. A reportaxe pode lerse ou descargarse neste enlace.

Dicir cousas verdadeiramente fermosas: «Días que non foron», de Luís Rei Núñez. A opinión dunha estudante

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión da estudante Sonia Troitiño Loureiro sobre o libro de relatos Días que non foron de Luís Rei Núñez.   Días que non foron Días que non foron resultoume un libro un tanto peculiar. Foi a primeira vez que vivín a experiencia de ler relatos en segunda persoa, e a dicir verdade, non me agradou demasiado.

Quen matou o Cantino?, de Xerardo Agrafoxo: Luz sobre un crime en Noia, en 1936. Artigo de Román Arén

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publicou un artigo de Román Arén sobre o libro Quen matou o Cantino?, de Xerardo Agrafoxo. A información pode lerse ou descargarse neste enlace.

«Presente continuo», «O bosque é grande e profundo», «A cegueira» e «Vento e chuvia» na crítica de Armando Requeixo en Ames Radio

Armando Requeixo abordou na sección Radiocrítica de Ames Radio o comentario crítico de varios libros de Xerais:  O bosque é grande e profundo, de Manuel Darriba; Presente continuo de María Reimóndez; A cegueira, de Marcos Abalde Covelo; e Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago.

Concerto «A miña primeira Rosalía» en Oleiros

Concerto «A miña primeira Rosalía» en Oleiros

O venres, 20 de decembro, ás 21 horas, no auditorio do Centro Cultural A Fábrica de Oleiros celebrarase o concerto «A miña primeira Rosalía». A miña primeira Rosalía é un libro-CD que acaba de publicar Edicións Xerais De Galicia, da autoría de Xiana e Xosé Lastra.

Presentación de «Historia de Galicia» na Coruña

O venres, 20 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Suévia, rúa Vila de Negreira 32, da Coruña Anselmo López Carreira presentará o seu libro Historia de Galicia.

Presentación «Vento e chuvia» na Coruña

Presentación «Vento e chuvia» na Coruña

O venres, 20 de decembro, ás 20:30 horas, na Biblioteca da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto-A Torre, Parque de Marte, s/nº A Torre na Coruña, terá lugar a presentación do libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia de Manuel Gago e ilustrado por Manel Cráneo. No acto, organizado pola Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto, a libraría Sisargas e Xerais, os autores contarán o making of do proyecto.

Espléndido este «Caderno do Nilo», de Cesáreo Sánchez Iglesias. Crítica de Miguel Sande

Miguel Sande publicou no Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o poemario Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias.

Cando a túa nai é o terror: «Legado nos ósos», de Dolores Redondo

O xornal El Progreso publicou unha reportaxe sobre Legado nos ósos, a segunda novela da triloxía do Val de Baztán de Dolores Redondo, traducida por Ramón Nicolás. A reportaxe titúlase «Cando a túa nai é o terror» e pode lerse ou descargarse neste enlace.

O fotógrafo que capturou a alma de Vigo: Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005). Crónica de Mar Mato

O Faro de Vigo publicou unha información de Mar Mato sobre Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005), do fotógrafo vigués Cameselle.   El fotógrafo del alma de Vigo Xerais presenta en el Club FARO el libro “Cameselle.