Menu Xerais

Arquivo anual: 2013

Imprescindible para coñecer a situación das linguas minoritarias e minorizadas no Estado español, «O valego», de Xosé Henrique Costas. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura), de Xosé Henrique Costas.

Xerais consolida a súa presenza en Twitter e agasalla cun lote de libros á seguidora 5.000 ao tempo que o blog sobrepasa as 5.000 anotacións

Xerais sobrepasou onte os 5.000 seguidores e seguidoras en Twitter, consolidando con forza a súa presenza nesta rede social. Con tal motivo, Xerais agasalla cun lote de libros de novidades á seguidora número 5.000, que resultou ser Rose Cameselle, en Twitter @RoseCameselle, coa que a editorial xa se puxo en contacto. De xeito case simultáneo, o blog de Xerais, continúa a súa actividade incansable e sobreprepasou tamén as 5.

Diego Ameixeiras: «O futuro non é un lugar tan seguro como era hai anos». Entrevista na Radio Galega co autor de «Martarte lentamente»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou a Diego Ameixeiras pola novela Matarte lentamente.

Un 10 para este libro: «O inferno de Marta», de Pascual Alapont. A opinión dun estudante

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión da estudante María Eugenia Gil Pallares sobre O inferno de Marta, de Pascual Alapont.     O inferno de Marta “A moza mirouno en fite, coma se non o oíra ben. De estar de humor riría, de ter bágoas choraría, mais xa non lle quedaba nin unha cousa nin a outra.” Este libro gustoume moito. Posiblemente sexa agora o libro que máis me gusta.

Presentación «As voces baixas» na libraría A lus do candil de Arteixo

O xoves 19 de decembro, a partir das 20:00 horas, na libraría A lus do candil, rúa Historiador Vedía 3, baixo de Arteixo, Manuel Rivas conversará cos lectores e lectoras sobre As voces baixas.

Rosa Aneiros: «Gústame moitísimo xogar con quen le»

Lingua de Alcaián, un blog da aula de lingua e literatura galega en 3º e 4º ESO, publica unha entrevista con Rosa Aneiros sobre o seu libro Ás de bolboreta, Premio Fudación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009.

Presentación de «Historia de Galicia» en Cangas

Presentación de «Historia de Galicia» en Cangas

O xoves, 19 de decembro, ás 20:30 horas, na libraría Maraxe, avenida de Marín 9, de Cangas Anselmo López Carreira presentará o seu libro Historia de Galicia.

Presentación de «Presente continuo» en Vigo

O xoves, 19 de decembro, ás 20:30 horas, na Librería Andel, avenida das Camelias 102 de Vigo presentarase o libro de poemas Presente continuo de María Reimóndez . No acto participarán Ramón Nicolás e a autora.

Presentación «O bosque é grande e profundo» en Santiago

O xoves, 19 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro, praza de Cervantes 6 de Santiago, presentarase a novela de Manuel Darriba O bosque é grande e profundo. No acto participarán Diego Ameixeiras, Fran Alonso e o autor.

O retorno ás orixes: «Astérix e os Pictos», unha xenuína aventura de Astérix. Crítica de Eduardo Maroño

Praza Pública publica unha recensión crítica de Eduardo Maroño sobre Astérix e os Pictos, o novo álbum da colección clásica de Astérix.

Xornada sobre a literatura infantil galega en Madrid con presenza de autores e ilustradores

Mañá martes 17 de decembro, no marco do Salón del Libro Infantil y Juvenil de Madrid, haberá unha xornada especial (ás 11 h. e ás 18 h.) na que a literatura infantil e xuvenil galega será a protagonista. Os actos estarán conducidos por Manuel Bragado (presidente dos editores galegos) e Marina Seoane (presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración).

O Vigo de Cameselle. Artigo de Manuel Bragado

Manuel Bragado, director de Xerais, dediciou o seu artigo de opinión en Faro de Vigo a Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005), do fotógrafo vigués Cameselle.   O Vigo de Cameselle Coincidindo co primeiro aniversario do pasamento de Guillermo Cameselle, Xerais acaba de publicar un libro antolóxico do seu traballo como fotoxornalista de “Faro de Vigo”.