Menu Xerais

Arquivo anual: 2013

Vangarda e experimentación: «A cegueira», de Marcos Abalde Covelo. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre A cegueira, de Marcos Abalde Covelo, Premio Álvaro Cunqueiro 2011, editado en colaboración con AGADIC.     O mal absurdo Marcos Abalde, nado en 1982, e polo tanto pertencente ás novas fornadas que se incorporan á literatura galega, transita nesta súa obra teatral polo terreo da vangarda e mais da experimentación.

Desde a proa da Torre de Hércules rodeada de pedras percebeiras: «A terra queima», o libro-disco de Lalo Carnota e Xurxo Souto

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de A terra queima, o libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar que parte dun proxecto do músico Lalo Carnota, con música súa, con texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro.

Retando a que lean «Dragal». Elena Gallego na Feira do Libro de Guadalajara

O xornal da Feira do Libro de Guadalajara publicou unha información sobre Dragal, de Elena Gallego Abad, que se pode ler ou descargar neste enlace.

Achegarse a Rosalía de Castro: o libro-disco «A miña primeira Rosalía». Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre o libro-disco A miña primeira Rosalía, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales.

Radiografía do noso tempo: «Matarte lentamente», de Diego Ameixeiras. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras.   «Matarte lentamente», de Diego Ameixeiras É indiscutible, de mirarmos un pouco cara atrás, a vontade de afondar nos límites e fronteiras da novela negra, de actualizar e proxectar para o presente a súa presenza na literatura galega.

Homenaxe aos libros de aventuras: «A illa de todas as illas», de Xabier P. DoCampo. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas.   A illa de todas as illas Estou situada ante a miña propia deturpación. Explícome. Se leo un libro dunha persoa a quen lle teño cariño e que ademais está ilustrado por unha persoa á que adoro, sei firmemente que non vou ser obxectiva.

«O solpor da cupletista», de María Xosé Queizán. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela O solpor da cupletista, de María Xosé Queizán.     O solpor da cupletista A viguesa libraría Andel quedou pequena para acoller a todas as persoas que acudiron á presentación d’ O solpor da cupletista, o libro máis recente da escritora María Xosé Queizán.

Sinatura de Manuel Rivas na Librería Biblos de Betanzos

Sinatura de Manuel Rivas na Librería Biblos de Betanzos

O mércores, 18 de decembro, a partir das 19:00 horas, Manuel Rivas asinará exemplares dos seus libros na Librería Biblos, rúa de Santiago 4, de Betanzos.

Presentación en Santiago de «El azabache y su cultura en la penísula ibérica»

O mércores, 18 de decembro, ás 20:00 horas, no Museo das Peregrinacións, rúa San Miguel 4 (Casa Gótica, detrás de San Martiño Pinario) de Santiago, terá lugar a presentación do libro El azabache y su cultura en la península ibérica de Ángel Cardín. No acto, organizado polo Museo das Peregrinacións de Santiago e Xerais, participarán Bieito Pérez Outeiriño, J.M. Vázquez Varela  e o autor.

Rosa Aneiros: «Quixen construír unha triloxía na que teñen especial peso os diálogos, as viaxes, as redes sociais e as aventuras». Entrevista en Que Leer

Ramón Nicolás publicou na revista Qué leer, nº 193 unha entrevista a Rosa Aneiros. Enlazamos a versión da revista e reproducimos a versión do blog de Ramón Nicolás.   «Unha road movie marcada polo optimismo ROSA ANEIROS, XORNALISTA E NARRADORA, RETORNA AO PRIMEIRO PLANO DA ACTUALIDADE COA NOVELA XUVENIL ÁMOTE LEO A.

Presentación «Ámote Leo A.» en Santiago

O mércores, 18 de decembro, ás 19:30 horas, na Biblioteca Pública Ánxel Casal, avenida de Xoán XXIII s/nº, de Santiago, terá lugar a presentación do libro Ámote Leo A. Destino xalundes de Rosa Aneiros. No acto, organizado pola Biblioteca Ánxel Casal e Xerais, participarán Fran Alonso e a autora.

Presentación en Vigo de “Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)

O mércores, 18 de decembro ás 20:00 horas, no Club Faro de Vigo, Auditorio Municipal do Areal, rúa Areal, 46 de Vigo, terá lugar a presentación e proxección do libro Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005) de Guillermo Cameselle. No acto, organizado polo Club Faro de Vigo e Xerais, participarán Fernando Cameselle, Luis Piñero, Ceferido de Blas e Manuel Bragado.