Menu Xerais

«Palabras de auga», de Marcos Calveiro, incluído nas Listas de Honra do IBBY

A novela infantil Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Premio Merlín de Literatura Infantil 2012, acaba de ser incluído nas Listas de Honra do IBBY, entre os nove libros que presentou á selección a OEPLI (Organización Española para el Libro Infanil y Juvenil).

Recentemente, a revista CLIJ publicou unha ficha sobre este libro, que pode descargarse en pdf neste enlace.

Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor.

 

Hai 1 comentario. Engade o teu.

Deixa un comentario!