Menu Xerais

«Poesía nas aulas: Antonio García Teijeiro», no blog Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación baixo o título «Poesía nas aulas: Antonio García Teijeiro».

«Poesía nas aulas: Antonio García Teijeiro»

Antía e Nuria achegáronse á obra de Antonio García Teijeiro e mantiveron con el un diálogo escrito. Estas son as súas impresións:
Poder falar con este autor sen dúbida foi unha moi boa experiencia. Cambiou a nosa perspectiva de ver o mundo da Literatura. Ver como é capaz de expresar o que sente escribindo, dun xeito do que tod@s gostamos, con poesía, historias… Quedounos moita pena de non poder encontrarnos co poeta en persoa, e saber máis del. Pero estaba a traballar na súa Antoloxía, e agasallounos con parte do seu tempo contestando as nosas preguntas, polo que non temos máis ca agradecemento.
Lemos moitos poemas del, e gustáronnos especialmente “Ventiño” e “Chove nos versos”, e aínda que xa rematamos o traballo temos pensado buscar os seus libros e seguir léndoo.
Facer traballos deste tipo parece que nos introducen máis no que é a escrita e ganas de ler.

Deixa un comentario!