Menu Xerais

Un relato cheo de imaxinación: «A illa de todas as illas», de Xabier P. DoCampo. Anotación no blog Sildavia9

O blog Sildavia9 publicou unha anotación sobre A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas.

 

 

A illa de todas as illas de Xabier P. Docampo

A illa de todas as illas de Xabier P. Docampo e as maravillosas ilustracións de Xosé Cobas. Nesta obra Xabier P. Docampo volve a sorprendernos e atopar un tema do máis estimulante para os rapaces e todos aqueles que temos o espíritu das novelas de aventuras que tanto nos emocionaron cando fomos nenos. Nesta obra intenta vislumbrar ese instante en que a nosa imaxinación reocurreu un camino de non retorno cara a ese mundo que só nos proporcionará ledicia e felicidade. Ese instante, que moi ben sen saber porqué, descubres a maxia da lectura e que estará contigo para sempre. Pero o máis novedoso é que este instante pode ser compartido con seres aos que queres e se senten próximos a tí. Falar do mundo da imaxinación no é doado, e aquí Xabier contrúe un relato cheo de imaxinación a partir de eses libros que tanto nos gustaron; seguro que cada un de nos echa algún en falta, e outros poderían facer a súa listaxe, pero esta é a que Xabier nos propón e gúastame. ¡Qué dicir das magníficas ilustracións de Xosé Cobas que completan perfectamente o relato! Como didía onte, algunhas palabras son completadas con estas imaxes, e as ilustracións dan un mellor significado as palabras.

Gustoume moito o Epílogo: “Viviremos, se queremos, nunha illa deserta“, pero aquí sí tería que engadir algunhas cousas e matizacións, sobre todo en relación ao señor das moscas e o noso benquerido Corto Maltés e a illa escondida; pero iso quizáis noutro momento.

Deixa un comentario!