Menu Xerais

X. L. Méndez Ferrín, Premio Otero Pedrayo

O escritor X. L. Méndez Ferrín foi galardoado onte en Ourense co Premio Otero Pedrayo. Reproducimos a información dos xornais Galicia Hoxe e Faro de Vigo. La Voz de Galicia publica unha entrevista de Camilo Franco co autor premiado.

 

 

Galicia Hoxe

Méndez Ferrín gaña o Premio Otero Pedrayo

O xurado subliña que o escritor, ao longo da súa “rica biografía literaria”, destacou como poeta, narrador, novelista e ensaísta, e demostrou “rigor e compromiso abondo para iluminar unha paisaxe propia e fermosa, múltiple e posta ao día”

O xurado do Premio Otero Pedrayo 2012 acordou este luns en Ourense conceder o galardón desta edición ao escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, por proposta do presidente da Deputación ourensana, Manuel Baltar.

Na súa argumentación do premio, o xurado subliña que Méndez Ferrín, ao longo da súa “rica biografía literaria”, destacou como poeta, narrador, novelista e ensaísta, e demostrou “rigor e compromiso abondo para iluminar unha paisaxe propia e fermosa, múltiple e posta ao día”.

A proposta de Manuel Baltar para a candidatura ao premio argumenta que a de Ferrín é unha vida “chea de renuncias persoais” e de “decisións tomadas mesmo contra a propia estabilidade do seu ámbito emocional máis inmediato”, a causa dun “compromiso persoal, intelectual, político e social” co seu pobo nuns “tempos que os que a loita pola democracia e pola liberdade levan aparellados tantos custos persoais”.

O Premio Otero Pedrayo é un premio honorífico que conceden dende 1977 as deputacións provinciais de Galicia, co apoio da Xunta. O premio é de carácter rotatorio e na edición de 2012 correspondeulle a súa organización á Deputación de Ourense.

Faro de Vigo

 

Manuel Baltar: «La de Ferrín es una vida llena de renuncias personales»

El jurado del Otero Pedrayo 2012 ha concedido al escritor ourensano el galardón a propuesta del presidente de la Diputación

Europa Press El jurado del Premio Otero Pedrayo 2012 ha acordado este lunes en Ourense conceder el galardón de esta edición al escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, a propuesta del presidente de la Diputación ourensana, Manuel Baltar.

En su argumentación del premio, el jurado subraya que Méndez Ferrín, a lo largo de su “rica biografía literaria”, ha destacado como poeta, narrador, novelista y ensayista, y ha demostrado “rigor y compromiso suficiente para iluminar un paisaje propio y hermoso, múltiple y puesto al día”.

La propuesta de Manuel Baltar para la candidatura al premio argumenta que la de Ferrín es una vida “llena de renuncias personales” y de “decisiones tomadas incluso contra la propia estabilidad de su entorno emocional más inmediato”, a causa de “un compromiso personal, intelectual, político y social” con su pueblo en “unos tiempos que los que la lucha por la democracia y por la libertad llevan aparejados tantos costes personales“.

El Premio Otero Pedrayo es un premio honorífico que conceden desde 1977 las diputaciones provinciales de Galicia, con el apoyo de la Xunta. El premio es de carácter rotatorio y en la edición de 2012 le correspondió su organización a la Diputación de Ourense.

Deixa un comentario!