Menu Xerais

Xerais na Feira do Libro de Pontevedra

Do mércores, 22  ao domingo, 26 de maio, na Praza da Ferrería, terá lugar a Feira do Libro de Pontevedra na que Xerais organiza os seguintes actos:

Día 23 XOVES

19:00 horas:      Presentación do libro Endogamia 0.2 (Segunda entrega do Proxecto AKTUAL da colección Fóra de xogo) de Ramón Caride. Participan: Manuel Busto, Fran Alonso o autor.

20:00 horas:     Presentación do libro Faneca Brava de Manuel Portas. Participan: Antón Sobral, Fran Alonso e o autor.

Día 25  SÁBADO

12:00 horas:       Sinatura de Os fillos do mar de Pedro Feijoo na caseta de Cronopios.

18:30 horas:       María Reimóndez asinará exemplares de toda a súa obra na caseta da libraría Paz.

19:00 horas:       Sinatura-encontro cos lectores de Dragal (A serie do dragón galego) de Elena Gallego Abad.

19:00 horas:      Presentación do libro Feminismos de Olga Castro e María Reimóndez. Participan: Manuel Bragado, Beatriz Suárez Briones e María Reimóndez.

20:00 horas:     Presentación do libro Do estigma á estima de Valentina Formoso. Participan: Manuel Bragado e a autora.

Deixa un comentario!