Menu Xerais

Xerais na Praza dos Libros de Carballo

Xerais estará presente o domingo 25 de agosto en dúas das actividades da Praza dos Libros organizada polo concello de Carballo.

  • Ás 12:00 horas, Manuel Rivas asinará exemplares d’ As voces baixas e do resto da súa obra. Durante esa mañá, todas as persoas que merquen un libro serán agasalladas cun pan de Carballo.
  • Ás 18:00 horas, Xosé Neira Vilas presentará os libros Cancela Aberta (Xerais) e Aquel Neno (Embora). O autor estará acompañado dos editores Manuel Bragado e Miguel Toval.

Deixa un comentario!