Menu Xerais

Xerardo Agrafoxo: «O Cantino era humilde e traballador». O 36 no Concello de Noia

El Correo Gallego publica unha entrevista de María J. Álvarez Santiago con Xerardo Agrafoxo sobre o seu libro Quen matou o Cantino? O 36 no concello de Noia, de Xerardo Agrafoxo

 

Xerardo Agrafoxo: «O Cantino era humilde e traballador»

“Os familiares asumen o pasado e non teñen culpa do que fixeran os seus antepasados” // “O Cantino resultoume interesante por ser protagonista dun dos libros máis emblemáticos”

Hai que estar no momento e no lugar axeitados”. Canta razón. Nun golpe de sorte no que ambos inflúan pódese atopar aquilo que máis se desexa. Pero se, pola contra, nos atopamos no momento e no lugar equivocados, pode que a nosa sorte cambie para sempre. Que llo digan a Ramón Mayán Ramos. Coñecido como o Cantino, este mozo noiés que foi acusado inxustamente de rebelión militar, foi executado o 10 de outubro de 1936 no cemiterio de Boisaca aos 26 anos. Xerardo Agrafoxo conta, con todo detalle, a dramática historia de quen se atopaba no lugar e no momento equivocados.

—Cal foi a singularidade pola que, de entre tódolos crimes tan dramáticos acontecidos na época, reparou na figura do Cantino?

A figura do Cantino resultoume interesante por dous motivos. Un porque teño entendido que non tiña nada que ver coa política e outro, porque foi un dos protagonistas dun dos libros máis emblemáticos da nosa literatura, O lapis do carpinteiro, onde Manuel Rivas lle deu o nome de Dombodán.

—Precisamente nese libro, Manuel Rivas expón unha imaxe que representa a un home que pouco ten que ver co personaxe que vostede retrata neste libro.

Si. Rivas expón unha visión dunha persoa con poucas luces; pero non era así, era unha persoa humilde e traballadora. Por unha confusión como lle acontecera a Díaz Pardo, atopouse no medio dun gran problema.

(…)

Deixa un comentario!