Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2014

Berta Dávila: «Confío moi pouco na resignación e, en calquera caso, prefiro a resistencia». Entrevista de Montse Dopico

Magazine Cultural Galego, a nova plataforma de comunicación persoal da xornalista Montse Dopico, publica unha entrevista con Berta Dávila sobre o seu última novela O derradeiro libro de Emma Olsen, na que tamén fala do seu poemario Raíz da fenda. (Fotografía de Paco Rocha).

Samuel Solleiro: «Teño, co punk, unha relación de amor-odio. Se cadra foi unha cultura sobrevalorada». Entrevista de Montse Dopico

Magazine Cultural Galego, a nova plataforma de comunicación persoal da xornalista Montse Dopico, publica unha entrevista con Samuel Solleiro sobre o seu último poemario, Punk, na que tamén fala da súa novela Gran tiburón branco. (Fotografía de Alba Viñas).

Rosa Aneiros: «A literatura ten que ser unha fiestra cara a novos mundos, ten que facer preguntas»

 Marta R. Suárez entrevistou a Rosa Aneiros en Compostimes. Fotografías de Natalia Saavedra.     Rosa Aneiros: “Igual que outras liñas estratéxicas, ten que subvencionarse a cultura” Rosa Aneiros  naceu en 1976 á beira do mar, no concello coruñés de Valdoviño. Licenciouse en Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela. Xa nunca se desligou da cidade que lle roubou o mar e o corazón.

Un libro imprescindible: «Vento e chuvia», de Manuel Gago. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago, ilustrado por Manel Cráneo.

Reportaxe no Zigzag da TVG sobre «A illa de todas as illas», de Xabier P. DoCampo

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista con Xabier P. DoCampo sobre a súa novela A illa de todas as illas, de ilustrada por Xosé Cobas.

Lúcida paranoia: «Dióxenes en Dolorida» de Ignacio Vidal Portabales. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica da novela Dióxenes en Dolorida de Ignacio Vidal Portabales, XXX Premio Blanco Amor de Novela.

«Matarte lentamente», de Diego Ameixeiras, na crítica de Armando Requeixo en Ames Radio

Armando Requeixo abordou na sección Radiocrítica de Ames Radio o comentario de sobre a novela Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras.

Moi entretido: «O Castañeiro de Abril», de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín 2013. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre O Castañeiro de Abril, de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, ilustrado por Antonio Seijas.   O motivo do neno pobre e explotado Un dos motivos tratados pola narrativa infantil-xuvenil é o do neno pobre e explotado. É en definitiva o modelo de Oliver Twist.

Presentación en Marín de “Historia de Galicia” de Anselmo López Carreira

O venres, 10 de xaneiro, ás 20:30 horas, na Biblioteca Municipal, Avda de Ourense, 8 de Marín, terá lugar a presentación do libro Historia de Galicia de Anselmo López Carreira.

Presentación en Vigo de “O bosque é grande e profundo” de Manuel Darriba

O venres, 10 de xaneiro, ás 20:00 horas, no local da Asociación Cultural Bou Eva, rúa Tercio de Afora, 11 de Vigo, terá lugar a presentación da novela O bosque é grande e profundo de Manuel Darriba. No acto participarán Ana Salgado, Fran Alonso e Manuel Darriba.

Unha comedia para non deixar de rir: «Unha rosa é unha rosa» de Suso de Toro. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando Ronseis publica unha anotación sobre Unha rosa é unha rosa de Suso de Toro.   Unha rosa é unha rosa Por motivos laborais volvín a esta lectura que tiña medio esquecida de Suso de Toro publicada por Xerais: Unha rosa é unha rosa é unha obra de teatro do ano 1997 que non permite aparcar o sorriso un só momento.

A Galicia de hai cen anos: o calendario de Xerais para o 2014 con fotos de Ruth Matilda Anderson. Anotación de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión sobre  o Calendario Xerais 2014 Ruth Matilda Anderson.   O calendario para o 2014 Un día de agosto de 1924, vai facer así dentro duns meses noventa anos, a fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson desembarcou no porto de Vigo.