Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2014

«Astérix e os Pictos» pasa o exame con boa nota. Reportaxe de Carme Vidal en Sermos Galiza

Sermos Galiza publicou unha reportaxe de Carme Vidal sobre Astérix e os Pictos baixo o título «A aldea gala goza de boa saúde».     A aldea gala goza de boa saúde “Astérix e os pictos” pasa o exame con boa nota. “Asterólog@s” de todo o mundo agardaban con atención o primeiro libro no que nin Goscinny nin Uderzo eran autores.

«Ámote Leo A», en Infantil e Xuvenil; «A memoria da choiva», en Narrativa; «Historia de Galicia», en Ensaio-Teatro; «Astérix e os Pictos», en Banda Deseñada, encabezan os libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas. Destino Xalundes, de Rosa Aneiros, o primeiro volume da triloxía Ámote Leo A.

Reportaxe no Zigzag da TVG de «O Castañeiro de Abril», de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013

O programa ZigZag da TVG emitiu unha reportaxe sobre O Castañeiro de Abril, de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, ilustrado por Antonio Seijas.

A extraordinaria capacidade lírica de Antonio García Teijeiro: «Un rato díxolle á lúa». Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Un rato díxolle á lúa, a antoloxía da poesía de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez.

Un libro que propón resolver un enigma: «A terra queima», o libro-disco de Lalo Carnota e Xurxo Souto

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de A terra queima, o libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar que parte dun proxecto do músico Lalo Carnota, con música súa, con texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro.

Talento artístico: «A illa de todas as illas», de Xabier P. DoCampo. Artigo de Pablo Vaamonde

Pablo Vaamonde publicou en Praza Pública un artigo sobre sobre A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas.     A Illa Navalleira Xabier P. Docampo e Xosé Cobas dannos unha nova mostra do seu talento artístico.