Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2014

Elena Gallego Abad: «Con Sete Caveiras tratei de sorprenderme a min mesma marcándome un reto»

A xornalista Belén López publicou no Diario de Pontevedra unha entrevista coa escritora Elena Gallego Abad sobre a súa nova novela Sete Caveiras.

Reportaxe no Zigzag da TVG sobre a banda sonora de «As meigas de Lupa», de María Solar, feita polo músico galego David Alonso Garzón

O programa ZigZag da TVG emitiu unha reportaxe sobre a Banda Sonora Orixinal da novela As meigas de Lupa,  de María Solar feita polo músico galego David Alonso Garzón.

Presentación de “El azabache y su cultura en la Península Ibérica” na Coruña

O venres, 7 de febreiro, ás 20 horas, na librería Arenas, Cantón Pequeno, 25 da Coruña, terá lugar a presentación do libro El azabache y su cultura en la Península Ibérica de Ángel Cardín. No acto participarán, J.M. Vázquez Varela, Manuel Bragado e o autor.

O papel do libro e a lectura na construción do futuro: palabras na entrega do Premio San Clemente. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a entrega do Premio San Clemente, que  Pedro Feijoo recolleu onte en Compostela.

Presentación de “Vento e chuvia” en Lalín

O venres, 7 de febreiro, ás 20:00 horas, na librería Vagalume, rúa D, 20 de Lalín, terá lugar a presentación do libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia de Manuel Gago e ilustrado por Manel Cráneo. No acto participarán Manuel Gago e a actriz Soledad Felloza que dramatizará un dos relatos do libro.

Presentación de “Sete Caveiras” en Vigo

O xoves, 6 de febreiro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Sete Caveiras de Elena Gallego Abad. No acto participarán César Jiménez Callaba, Manuel Bragado e a autora.

Pedro Feijoo recolleu onte o Premio San Clemente en Compostela canda os escritores Petros Márkaris e Arturo Pérez Reverte

O escritor  Pedro Feijoo recolleu onte en Compostela o Premio San Clemente canda os escritores Arturo Pérez Reverte e Petros Márkaris nun acto que se celebrou no IES Rosalía de Castro.

Unha obra crítica, de ritmo rápido, que xoga coas palabras: «O refugallo», de Paula Carballeira. Anotación en Rede lectura

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre O refugallo, de Paula Carballeira, Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, editado en colaboración con AGADIC. Libros de teatro.

A poeta que se converteu en marca do país: «Rosalía de Castro: Imaxe e realidade», de Fernando Pereira Bueno. Reportaxe de Salvador Rodríguez

Faro de Vigo publicou longa reportaxe de Salvador Rodríguez sobre Rosalía de Castro: Imaxe e realidade, de Fernando Pereira Bueno. Reproducimos o encabezamento da reportaxe: « Más de tres años de búsqueda, investigación, documentación y análisis ha empleado el historiador Fernando Pereira Bueno (Compostela, 1957) en la elaboración de “Rosalía de Castro.

«Costa do Solpor» de Xosé Mª Lema no Club de Lectores Arao de Ponte do Porto

O mércores, 29 de xaneiro, ás 16:30 horas, no IES Ponte do Porto, Xosé Mª Lema manterá un encontro co Club de Lectura Arao sobre a novela Costa do Solpor. A costa camariñá é un dos tres principais escenarios da novela, e dunha das súas aldeas eran nativos os principais protagonistas. Na Ponte do Porto tivo lugar o episodio do imaxineiro de Troitosende.

Un suspiro literario ligado á fabulación e á narración oral: «O raposo e a mestra», de Manuel Rivas. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra unha recensión crítica sobre O raposo e a mestra, o conto infantil de Manuel Rivas ilustrado por Jacobo Fernández Serrano.

«Novos pasos por Bretaña», de Pemón Bouzas. Unha viaxe tras os pasos de Cunqueiro e Castelao

O Faro de Vigo publica unha información de Amalia Mauleón sobre Novos pasos por Bretaña, de Pemón Bouzas.   Un viaje a Bretaña, tras los pasos de Cunqueiro y Castelao El escritor y periodista Pemón Bouzas relata en el libro “Novos pasos por Bretaña” sus vivencias en la mágica tierra francesa Una tierra de pescadores, de navegantes, de piratas y corsarios.