Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2014

Novidade: «Rosalía de Castro: Imaxe e realidade», de Fernando Pereira Bueno. A iconografía de Rosalía de onte a hoxe

Rosalía de Castro: Imaxe e realidade, de Fernando Pereira Bueno,  é un dos novos libros de Xerais para o inicio deste 2014. Este libro constitúe o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía de Castro e pertence a un xénero bibliográfico un tanto distinto, que poderiamos chamar iconografía documental.

Unha axenda xenuinamente galega: «Axenda 2004». Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre a Axenda Xerais, elaborada por Celia Torres.   O engado da axenda tradicional A axenda, segundo o Dicionario da Real Academia Galega, é o ´libro ou caderno onde se apuntan cousas de interese como aquilo que se ten que facer, enderezos, números de teléfono etc. e que inclúe tamén informacións útiles´.

Presentación en Vigo de “El azabache y su cultura en la Península Ibérica” de Ángel Cardín

O venres, 31 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro El azabache y su cultura en la Península Ibérica de Ángel Cardín. No acto participarán Robert Duif, Manuel Bragado e o autor.

Novidade: «Os Gotten», de Alfonso Álvarez Cáccamo. A historia dunha familia con moito humor

Os Gotten, de Alfonso Álvarez Cáccamo, é unha das novas propostas narrativas de Xerais para principios deste 2014. Os Gotten son unha xenerosa familia afincada en Galicia, fundamentalmente en Vigo e bisbarra, dende a segunda década do século XX.

Presentación en Arteixo de “Estilística da Lingua Galega” de Freixeiro Mato

O xoves, 30 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Centro Cívico de Arteixo, terá lugar a presentación do libro Estilística da Lingua Galega de Xosé Ramón Freixeiro Mato. No acto, organizado pola Asociación Monte da Estrela e Xerais, participarán Xurxo Souto, Xosé Manuel Sánchez Rei, Aniceto Nunes e o autor.

Booktráiler de «Sete Caveiras»

Reproducimos o booktráiler da novela Sete Caveiras de Elena Gallego Abad preparado por Miguel Abad.

Daniel Salgado: «Quixen buscar un refuxio na escrita ante a impotencia do que nos está a suceder». Entrevista no Diario Cultural sobre «Dos tempos sombrizos»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Anxo Quintela a  Daniel Salgado centrada no seu novo poemario Dos tempos sombrizos, galardoado co I Premio de Poesía Gonzalo López Abente.

O Top 10 de Ramón Nicolás. Os mellores libros do 2013

O crítico Ramón Nicolás publico na revista Biblios. Clube de Lectores unha listaxe co seu Top 10 das mellores novelas do ano 2013. Entre elas, as publicadas por Xerais son as seguintes:   1. Costa do Solpor  de Xosé Mª Lema. Un autor que se incorpora serodiamente ao campo da narrativa galega e que o fai con extraordinaria competencia e, manexando unha oceánica documentación, devolve o gusto pola narrativa de aventuras. 2.

Elena Gallego Abad: «Con Sete Caveiras quero reivindicar o traballo ben feito de moitos xornalistas». Entrevista de Arantxa Serantes

Arantxa Serantes publicou no seu blog de El Correo Gallego unha entrevista que lle fixo a Elena Gallego Abad sobre a súa nova novela Sete Caveiras. Nela, a autora asegura que con Sete Caveiras «quero reivindicar o traballo ben feito de moitos xornalistas». A entrevista pode lerse neste enlace.

Un asasino erudito pouco frecuente na novela negra: «A memoria da choiva», de Pedro Feijoo. Crítica de Chus Nogueira no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira  sobre a novelaA memoria da choiva, de Pedro Feijoo.

O poderoso mundo evocativo de Carolina Otero creado por María Xosé Queizán: «O solpor da cupletista». Crítica de Pilar Ponte

Pilar Ponte publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela O solpor da cupletista, de María Xosé Queizán.   Vestir e espir o mito Do poderoso mundo da evocación Mª X.

Presentación en Lugo de “A illa de todas as illas” de Xabier P. DoCampo

O mércores, 29 de xaneiro, ás 20:00 horas, na librería Biblos, rúa Salvador de Madariaga, 1 Local 4 de Lugo, terá lugar a presentación do libro A illa de todas as illas de Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas. No acto participarán Paco Martín, Xosé Cobas, Manuel Bragado e o autor.