Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2014

Novidade: Sete Caveiras» de Elena Gallego Abad. Misteriosos asasinatos en Vigo

Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad, é unha das novas novelas de Xerais para principios deste 2014. Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do morto está a piques de mudarlle a vida.

Presentación en Ourense de “El azabache y su cultura en la península Ibérica” de Angel Cardín

O venres, 24 de xaneiro, ás 20:00 horas, na livraría Torga, rúa da Paz, 12 de Ourense, terá lugar a presentación do libro El azabache y su cultura en la península Ibérica de Angel Cardín. No acto participarán José Platero, Xosé M. García Crego e o autor.

«Matarte lentamente», de Diego Ameixerias, elixida entre as cinco mellores novelas negras do ano en Portugal

A crítica do programa «Livros com Rum» da emisora portuguesa RUM, Radio Universitária do Minho, elixiu a novela Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras, entre entre as cinco mellores novelas negras do ano en Portugal. «Un excelente libro que fai unha crítica ao capitalismo salvaxe», manifestaron os especialistas literarios da emisora. A presentación correu a cargo de António Ferreira e Sérgio Xavier.

A illa como espazo literario: «A illa de todas as illas», de Xabier P. DoCampo

O Diario de Ferrol publicou unha recensión sobre A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Un texto moi orixinal: «Cadeas», de Xabier López López. Artigo de X. C. Caneiro

Xosé Carlos Caneiro escribiu no seu artigo do suplemento Culturas de La Voz de Galicia sobre Cadeas, de Xabier López López, novela gañadora do Premio Xerais 2013.   Cadeas, de Xabier López, é un exemplo notorio e notable deste tipo de narracións cosidas. A novela ganou o Xerais 2013, e parécenos un collage atractivo e voluntariamente esteticista.

Un libro de enorme calidade: «O Castañeiro de Abril», de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín 2013. Crítica de Mario Regueira

Mario Regueira publicou en Sermos Galiza unha recesión crítica sobre O Castañeiro de Abril, de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, ilustrado por Antonio Seijas.

A saia da Carolina: Crítica de Vicente Araguas sobre «O solpor da cupletista» de María Xosé Queizán

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica de O solpor da cupletista, de María Xosé Queizán. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

As vidas de Xabier Paz. Entrevista de Vítor Vaqueiro

A partir dun encontro persoal de carácter literario, o escritor Vítor Vaqueiro fíxolle unha longa entrevista a Xabier Paz que reproduce Sermos Galiza.     As vidas de Xabier Paz A seguinte conversa é o encontro literario entre dous escritores que son amigos desde hai máis de corenta anos.

Un dos mellores libros que lin na miña vida: «O club da calceta». A opinión da estudante Martina Domínguez

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión da estudante Martina Domínguez sobre a novela O club da calceta, de María Reimóndez.     O club da calceta Se digo que este é un dos mellores libros que lin na miña vida é quedarme corta. Esta obra narra a vida de seis mulleres moi distintas entre si.

Pedro Feijoo, que gañou o Premio Arcebispo San Clemente con «Os fillos do mar», recollerá o premio o luns 27 de xaneiro

O luns, 27 de xaneiro terá lugar a entrega dos  premios Arcebispo Sanclemente, que nesta ocasión gañou na modaldiade en galego o escritor Pedro Feijoo coa súa novela Os fillos do mar . O fallo do xurado deuse a coñecer no pasado mes de xuño no instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, organizador deste certame literario.

Xabier López López: «Sen Thomas Mann non entendería nin a metade da vida que vivo». Entrevista de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista co escritor Xabier López López, gañador do Premio Xerais de Novela 2013 con Cadeas.     Parlamento das Letras Xabier López López Xabier López López é o infatigable pescudador, sempre á procura do diamante literario perfecto.

As conversas que escoitamos nun autobús: «Isóbaras», de Gustavo Pernas Cora, Premio Álvaro Cunqueiro 2012. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Isóbaras, de Gustavo Pernas Cora, Premio Álvaro Cunqueiro 2012, que se editou en colaboración con AGADIC.   Incomunicación antes do estoupido Nunha liña que nos lembra o isolacionismo dos personaxes do teatro do absurdo ou de Becket, os personaxes desta obra falan, mais non se comunican.