Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2014

Manuel Darriba: «O medo é un elemento cardinal da experiencia humana e non só na escenografía de guerra que tracei na novela». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista co escritor Manuel Darriba sobre O bosque é grande e profundo.     «A maioría das sociedades actuais, capitalistas ou non, son organismos esmagadores» O conto de Hansel e Gretel podería ser unha boa metáfora do capitalismo. Iso pensou Manuel Darriba cando iniciou a escrita de ‘O bosque é grande e profundo”. O resto é violencia, crueldade.

Alquimia marabillosa: «O raposo e a mestra», de Manuel Rivas. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha recensión crítica sobre O raposo e a mestra, o conto infantil de Manuel Rivas ilustrado por Jacobo Fernández Serrano.     «O raposo e a mestra», de Manuel O’Rivas Dicía José de Almada-Negreiros que «nós não somos do século d´inventar palavras. As palabras já foram inventadas. Nós somos do século d´inventar outra vez as palabras que já foram inventadas».

Novela entretida, con humor, que se le deseguida: «Sete Caveiras» de Elena Gallego Abad. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha anotación sobre Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad.   Sete Caveiras Quen siga no Facebook a Elena Gallego Abad, coma min, terá pensado máis dunha vez por que estes monecos -que todos e todas tivemos nas nosas casas algunha vez- acompañan a autora nas súas viaxes.

Toda a inconografía e o grafismo sobre Rosalía de Castro nun libro: «Rosalía de Castro. Imaxe e realidade» do profesor Fernando Pereira Bueno

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Rosalía de Castro. Imaxe e realidade do profesor Fernando Pereira Bueno, o libro co que Xerais celebrará o 24 de febreiro, o vindeiro día de Rosalía 2014.   «Rosalía e Castro.

Os Premios Fervenzas Literarias 2014 poñen en valor a Xerais e os seus libros e autores e autoras

  A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos internautas e lectores do portal a través de 439 fichas de votación. Esta é unha fermosa iniciativa que dá pé á participación e á opinión dos lectores e lectoras, a quen agradecemos os excelentes resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

As orixes de Ourense e a «Historia de Galicia» de Anselmo López Carreira

A edición de ourense de Faro de Vigo publica unha información de XMC sobre Historia de Galicia de Anselmo López Carreira.     Carreira: «Ourense puede deber su nombre al oro de los romanos» La toponimia local está relacionada con el preciado metal Anselmo López Carreira considera que Ourense puede deber su nombre a las explotaciones auríferas realizadas por los romanos en esta ciudad.

Rosa Aneiros: «Con Leo A. quería ofrecerlle á xente nova outras maneiras de vivir, con horizontes de esperanza». Entrevista no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Anxo Quintela a  Rosa Aneiros sobre Destino Xalundes, o primeiro volume da triloxía Ámote Leo A.

Xosé Mª Lema: «Na novela confíase moito na forza de certas minorías, sobre todo na mocidade inqueda». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista con Xosé Mª Lema sobre a novela Costa do Solpor.     «A nosa esperanza é que fronte á masa servil hai en cada período histórico unha minoría rebelde» Un mapa británico -real- que sitúa a Galiza como parte de Portugal. Personaxes de Stevenson. E a nosa historia, na Ilustración.

Cando treme o corpo ao pasar cada páxina: «A illa de todas as illas», de Xabier P. DoCampo. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou en El Progreso e no Diario de Pontevedra unha recensión crítica sobre A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas.

A maxia das palabras: «O raposo e a mestra», de Manuel Rivas. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre O raposo e a mestra, o conto infantil de Manuel Rivas ilustrado por Jacobo Fernández Serrano.

Capacidade para distraernos: «A memoria da choiva», de Pedro Feijoo. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.   Choiva de entretemento Con ingredientes de manual Coido que non me equivoco se digo que, a estas alturas, Pedro Feijoo é xa para o lectorado galego un nome ben coñecido.

Unha lingua nova para expresar o feminismo e o compromiso: «Presente continuo», de María Reimóndez. Crítica de Montse Pena

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Presente continuo, o novo poemario de María Reimóndez.     Inventar un idioma Máis aló do exotismo As lectoras e lectores de María Reimóndez estamos cinguidos á pedra filosofal da súa escrita:o compromiso.