Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2014

A perda de referentes: «Isóbaras», de Gustavo Pernas Cora, Premio Álvaro Cunqueiro 2012

MV García publica no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, un longo artigo de crítica teatral centrado en Isóbaras, de Gustavo Pernas Cora, Premio Álvaro Cunqueiro 2012, que se editou en colaboración con AGADIC. O artigo pode lerse ou descargarse neste enlace.

Maior presenza das mulleres e xogos de palabras no novo «Astérix e os Pictos». Anotación en Trafegando ronseis

Trafegando ronseis publica unha anotación sobre     Asterix e os pictos Un gran pracer ler novamente a Astérix e máis facéndoo en galego grazas á editorial Xerais.

Misterio e intriga asegurados nos relatos de «Sherlock Holmes, detective», de Arthur Conan Doyle. Crítica de Mónica Álvarez

Mónica Álvarez publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre Sherlock Holmes, detective, de Arthur Conan Doyle.

Teatro poético vencellado coa experimentación e o compromiso: «A cegueira», de Marcos Abalde Covelo. Crítica de Chus Nogueira no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira  sobre A cegueira, de Marcos Abalde Covelo, Premio Álvaro Cunqueiro 2011, editado en colaboración con AGADIC.

Trinta anos de Vigo: «Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)». Crítica de M. Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005), do fotógrafo vigués Cameselle.   Trinta anos de Vigo A antoloxía de fotos de Cameselle que presenta este libro, tomadas fundamentalmente de Faro de Vigo, son unha verdadeira crónica do Vigo da Transición e mais da democracia.

Leda, divertida e imaxinativa: «O refugallo», de Paula Carballeira. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou en Praza Pública unha recensión crítica sobre O refugallo, de Paula Carballeira, Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, editado en colaboración con AGADIC.     O señor do refugallo Sucédeme unha cousa prodixiosa cando leo a Paula Carballeira: esquezo que son un adulto, volvo á dondura da infancia, cando o mundo aínda era neno e meu ollar desoblicuo.

Natureza, sincronía, cultura: «O bosque é grande e profundo», de Manuel Darriba. Texto de Ana Salgado

Reproducimos un texto crítico de Ana Salgado sobre O bosque é grande e profundo, de Manuel Darriba, escrito para a presentación da novela en Vigo.   Natureza, sincronía, cultura Podería ser que non houbese realmente escrita antisentimental e desde logo unha non se pode instalar no espazo da obxectividade coa idea de quedar a vivir unha tempada.

Antonio Manuel Fraga: «Gusto dos personaxes extremos, que axudan a tomar partido». Entrevista

O xornal Diario de Ferrol (tamén nos xornais El Ideal Gallego e Diario de Arousa ) publicou unha entrevista de M.J.R /J.M a Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013 coa súa novela O Castañeiro de Abril,  ilustrada por Antonio Seijas. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Estudo de Jaume Ruiz Castro sobre «A memoria da choiva», de Pedro Feijoo

Jaume Ruiz Castro, estudante de Filoloxía Galega en Barcelona envíanos un estudo da súa autoría de «carácter hermenéutico e metafísico», sobre A memoria da choiva, de Pedro Feijoo. O estudo pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

A beleza como arma nos tempos de chumbo: «Dos tempos sombrizos», de Daniel Salgado. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica de Dos tempos sombrizos, de Daniel Salgado. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Todos somos», de Marcos Calveiro: todas as a opinión dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis as opinións dos seus alumnos e alumnas sobr Todos somos, de Marcos Calveiro.     Todos somos Comentario de Noelia Soto É un libro que convida á reflexión de como poden algúns medios de comunicación aproveitarse dun caso dunha desaparición mentres que as persoas afectadas sofren por non saber onde está a súa filla.

Xabier López López: «A escrita non deixa de ser unha especie de tiro ao branco cos ollos pechos». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista co escritor Xabier López López, gañador do Premio Xerais de Novela 2013 con Cadeas.    “É difícil escribir sobre Galicia sen que asomen algunhas ‘fracturas’ como a da diglosia” A memoria, aínda que a concibimos doutra maneira, é sempre “parcial, particular, poliédrica”.