Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2014

Un best-seller de calidade: «Legado nos ósos», de Dolores Redondo. Crítica de Martínez Bouzas sobre o novo thriller do Baztán

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión da novela Legado nos ósos, a segunda novela da triloxía do Val de Baztán de Dolores Redondo.   «Legado nos ósos», prosegue o thriller do Baztán Edicións Xerais acaba de sacar dos seus prelos Legado nos ósos, o segundo volume da Triloxía do Baztán.

O río da vida: «Matarte lentamente», de Diego Ameixeiras. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou en El Progreso e no Diario de Pontevedra unha recensión crítica sobre  a novela Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras.

Conferencia de Manuel Gago sobre “Vento e chuvia” en Betanzos

O sábado, 18 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Salón Azul, Edificio do Liceo – Aula de Cultura Municipal de Betanzos, Manuel Gago dará unha conferencia sobre o seu traballo de divulguación arqueolóxica e sobre o seu libro Vento e Chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia. O acto está organizado pola Asociación Cultural Roxín Roxal de Betanzos.

Presentación en Santiago de “Caderno do Nilo” de Cesáreo Sánchez Iglesias

O xoves, 16 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55 de Santiago, terá lugar a presentación de Caderno do Nilo de Cesáreo Sánchez Iglesias. No acto, organizado pola Asociación Cultural O Galo, a libraría Pedreira e Xerais, participarán Berta Dávila, Carlos Negro, Manuel Bragado e o autor.

Presentación en Ourense de “Historia de Galicia” de Anselmo López Carreira

O xoves, 16 de xaneiro, ás 20:00 horas na livraría Torga, rúa da Paz, 16 de Ourense, terá lugar a presentación do libro Historia de Galicia de Anselmo López Carreira. No acto participarán Millán Picouto e Anselmo López Carreira.

O pensamento de Simone de Beauvoir continúa vixente. Reportaxe de Montse Dopico centrada en «O segundo sexo»

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha reportaxe sobre Simone de Beauvoir centrada en O segundo sexo, publicado por Xerais en tradución de Marga Rodríguez Marcuño.   «As mulleres atoparon na miña exposición un abrigo contra os mitos que as esmagaban» Simone de Beauvoir asinou o manifesto das 343 en favor do dereito ao aborto no 1973. Sobran os motivos para volver aos seus textos.

A musa como pretexto: «A miña primeira Rosalía». Crítica de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou en Tempos Novos unha recensión crítica sobre o libro-disco A miña primeira Rosalía, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales.

Pedro Feijoo: «Non desexo personaxes canónicos que ofrezan algo que xa se espera». Entrevista de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou na revista Qué leer, nº 194 unha entrevista a Pedro Feijoo pola súa novela A memoria da choiva. Enlazamos a versión da revista e reproducimos a versión do blog de Ramón Nicolás.   «Entre o ‘noir’ e Rosalía de Castro.

Unha das voces máis singulares da narrativa galega: «O bosque é grande e profundo», de Manuel Darriba. Artigo de Diego Ameixeiras

Diego Ameixeiras publicou unha recensión crítica no Culturas de La Voz de Galicia sobre a novela O bosque é grande e profundo, de Manuel Darriba.

A memoria da escola

A revista Tempos Novos publicou un longo artigo de Miguel Vázquez Freire titulado «Escolas da memoria» no que fai un percorrido sobre a memoria da escola a través de diversos libros, entre eles varios de Xerais.

Cinismo paródico: «Dióxenes en Dolorida» de Ignacio Vidal Portabales. Crítica de Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Dióxenes en Dolorida de Ignacio Vidal Portabales, XXX Premio Blanco Amor de Novela.

Conciencia idiomática: «O valego», de Xosé Henrique Costas. Crítica de Pilar Ponte

Pilar Ponte publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura), de Xosé Henrique Costas.