Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2014

Manuel Gago: «Punta Langosteira foi das grandes desfeitas da arqueoloxía galega». Entrevista sobre «Vento e chuvia»

O xornal La Opinión publicou unha entrevista de Manuel Varela a Manuel Gago polo seu libro sobre Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, ilustrado por Manel Cráneo. Aentrevista pode lerse ou descargarse neste enlace.

Unha gran proposta narrativa sobre as fronteiras da condición humana: «O bosque é grande e profundo», de Manuel Darriba. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha recensión crítica sobre O bosque é grande e profundo, de Manuel Darriba.

Quen son? A cara B de Agustín Fernández Paz. Entrevista na Radio Galega

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, realizou unha longa entrevista a Agustín Fernández Paz.

Reportaxe de Montse Dopico sobre os best-sellers en galego

A xornalista Montse Dopico publicou no «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha reportaxe sobre os best-sellers en galego. A reportaxe, titulada «No cumio das vendas», aborda a fórmula dos best-sellers galegos. A reportaxe pode lerse ou descargarse neste enlace.

A lingua das migreiras e das xinxas. Sobre «O valego», de Xosé Henrique Costas. Artigo de X. L. Méndez Ferrín

X. L. Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo un artigo sobre O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura), de Xosé Henrique Costas no que aconsella ler o libro e viaxar ao Val do Ellas. O artigo pode lerse ou descargarse neste enlace.

Cameselle, fotoxornalista de Faro de Vigo: 900 imaxes que capturan a alma da cidade

Ceferino de Blas publicou no Faro de Vigo o pasado decembro un longo artigo sobre Cameselle e o seu libro Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005) que pode lerse ou descargarse neste enlace. Así mesmo, o derradeiro día do ano publicouse no mesmo medio unha información sobre o mesmo libro que se pode ler aquí.

Artigo de Alfredo Conde centrado en «O bosque é grande e profundo», de Manuel Darriba

O escritor Alfredo Conde publicou en El Correo Gallego un artigo centrado na novela O bosque é grande e profundo, de Manuel Darriba.   A Literatura segue viva ASISTÍN á presentación dun libro na librería Couceiro. Libraría, din eles, con todo o dereito do mundo, así que non serei eu quen llo discuta. Ós idiomas fainos a xente, non as academias.

Hixinio Puentes: «A miña vila está case rodeada de mar e o vento que zoa faime pensar que vivo nun barco en alta mar». Entrevista de Montse Dopico

Magazine Cultural Galego, a nova plataforma de comunicación persoal da xornalista Montse Dopico, publica unha entrevista con Hixinio Puentes sobre a súa novela Winnipeg, que conta a historia dunha familia de Cariño e a viaxe no barco fretado polo escritor chileno Pablo Neruda.     «A ‘ditabranda franquista’ é un termo hipócrita.

Un poemario sensorial e moi plástico: «Caderno do Nilo», de Cesáreo Sánchez Iglesias. Crítica de Chus Nogueira no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira  sobre o poemario Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias.

Cando a palabra suxire: «O heroe», de Manuel Rivas. Anotación en Trafegando ronseis

Trafegando ronseis publica unha anotación sobre a obra de teatro O heroe, de Manuel Rivas.   O heroe A miña última lectura deste nadal é esta obra de teatro que non lin non seu día -menos mal que se poden subsanar os erros-: O heroe de Manuel Rivas publicada por Xerais. Mágoa non tela vista no teatro: esa é a miña maior pena! O heroe é a historia de Arturo, ou de Robinson, ou de Caronte.

Pedro Feijoo: «A figura de Rosalía foi obxecto dun maniqueísmo agresivo e descarado». Entrevista de Montse Dopico

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Pedro Feijoo pola súa novela A memoria da choiva.   «A cultura galega é do pobo, nin da Universidade, nin da RAG nin do Consello da Cultura» Quen podería atreverse a cuestionar os estamentos de poder do sistema cultural galego? Non moita xente. Pois Pedro Feijoo, o autor de Os fillos do mar, faino na súa segunda novela, A memoria da choiva (Xerais).

Xabier López López: «Existe unha diglosia tamén sexista». Entrevista radiofónica co gañador do Premio Xerais de Novela 2013

Ponte en Galego, o programa radiofónico do equipo de Normalización Lingüística do IES Breamo de Pontedeume entrevistou ao escritor Xabier López López, gañador do Premio Xerais de Novela 2013 con Cadeas. Na interesante entrevista, Xabier López López fala da lingua galega e asegura que existe unha diglosia tamén sexista». A entrevista pode descargarse ou escoitarse neste enlace.