Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2014

Alfonso Álvarez Cáccamo: ««Os Gotten presenta historias inventadas, historias autobiográficas e historias reais deturpadas». Entrevista no ZigZag

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista de Tino Santiago a Alfonso Álvarez Cáccamo polo seu novo libro Os Gotten.

A cultura do acibeche: tres décadas de investigación

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o libro El azabache y su cultura en la Península Ibérica de Ángel Cardín, publicado na colección Extramuros.   A cultura do acibeche No maxistral espazo de «No fondo dos espellos» de Faro de Vigo, o sábado Ferrin citaba con admiración a monografía de Ángel Cardín sobre a cultura do acibeche.

Ignacio Vidal Portabales: «Non tratei de moralizar coa novela; as novelas non teñen esa misión: só deben xerar emocións, aínda que sexan negativas». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista co escritor Ignacio Vidal Portabales, autor de Dióxenes en Dolorida, XXX Premio Blanco Amor de Novela.

Diego Ameixeiras estará mañá en Gondomar, no Club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, coa súa novela «Matarte lentamente»

O escritor Diego Ameixeiras estará mañá en Gondomar, participando nunha sesión do Club de lectura Sete Vidas, organizado por Espazo Lectura, que se celebra arredor da súa última novela, Matarte lentamente. A sesión terá lugar ás 20,00 horas, na Biblioteca de Gondomar e o encontro co autor ás 21 horas no mesmo lugar.

Os títulos de Xerais encabezan o taboleiro dos libros máis vendidos en xaneiro. A nosa gratitude aos lectores/as

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de xaneiro de 2014 a partir da información proporcionada por 11 librarías galegas.

Un libro que transmite estímulos ao sistema nervioso central: «A illa de todas as illas», de Xabier P. DoCampo. Crítica de Xavier Queipo

O escritor Xavier Queipo publicou en LG3 unha recensión crítica sobre A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas.     Un libro dendrítico Dende ben novo, cando pasaba tardes enteiras de chuvia debruzado sobre o Atlas que pai mercara para nós aproveitar mellor na escola, sempre sentín un forte engado polas illas.

Unha novela social: «Matarte lentamente», de Diego Ameixerias. Critica de Camiño Noia en Tempos Novos

A revista Tempos Novos publica unha recensión crítica de Camiño Noia sobre  Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras.   A recensión titúlase «Unha novela social» e pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.