Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2014

Novidade: «Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)», de Ana Acuña. Nos tempos da opresión. A partir do día 10 nas librarías

Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), de Ana Acuña é unha novidade da colección Narrativa que estará nas librarías a partir do día 10 de marzo.

Presentación “El azabache y su cultura en la Península Ibérica” en Oviedo

O luns, 3 de marzo, ás 20:00 horas, no Club de Prensa Asturiana, Calvo Sotelo, 7 de Oviedo, terá lugar a presentación do libro El azabache y su cultura en la Península Ibérica de Ángel Cardín. No acto participarán Rogelio Estrada García e o autor.

Alta literatura: «Cadeas», de Xabier López López. Anotación de Agustín Agra

O escritor Agustín Agra publicou no blog de Barbantia unha anotación sobre Cadeas de Xabier López López.     Cadeas (digresión artística), de Xabier López Cadeas –o texto de Xabier López gañador do último premio Xerais– son dúas cadeas entrelazadas.

Fernando Pereira: «Os artistas achegáronse a Rosalía dunha maneira pouco atrevida, cunha imaxe estereotipada»

Praza Pública publicou unha reportaxe de Marcos Pérez Pena arredor do libro Rosalía de Castro: Imaxe e realidade, de Fernando Pereira Bueno.

Compromiso e universalismo: «Presente continuo», de María Reimóndez. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Presente continuo, o poemario de María Reimóndez.

Xosé María Lema: «A xente que leu “Costa do Solpor” di que engancha»

La Voz de Galicia publica unha entrevista con Xosé Mª Lema sobre a novela Costa do Solpor.   Xosé María Lema: «A xente que leu “Costa do Solpor” di que engancha» Xosé María Lema Suárez (Bamiro-Vimianzo, 1950), doutor en Historia, gran divulgador da Costa da Morte, presentou hai un ano a súa primeira novela, Costa do Solpor. Un texto longo (máis de 600 páxinas) que non para de recibir críticas excelentes.

A carga emotiva do valego: artigo de Xesús López sobre «O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas», de Xosé Henrique Costas

Xesús López Fernández publicou un artigo no Diario de Pontevedra no que fala do libro O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura), de Xosé Henrique Costas. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Novidade: «Vapor», de Lea Tobery. ¿Por que só se salvou Helena? ¿Quen é Lea Tobery?

Helena ten 19 anos e hai un sufriu un terrible accidente de avión. Só ela sobreviviu. A partir dese tráxico suceso, a súa vida cambiou por completo. Ela, unha persoa alegre, empezou a amosar bruscos cambios de humor. O seu presente é de cor negra: case sempre está abatida, irascible ou triste. E, a miúdo, séntese vapor: coma se transitase entre a realidade e a irrealidade.

Da Rosalía melancólica á Rosalía pop, iconoclasta e warholiana

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación en que fala da conferencia de Fernando Pereira Bueno, que estuda a iconografía xerada arredor de Rosalía de Castro no seu libro Rosalía de Castro: Imaxe e realidade. Tamén Faro de Vigo recolle a nova do encontro de Fernando Pereira Bueno con estudantes (pola mañá) e con público xeral (pola tarde).

Remate sorprendente: «Sete Caveiras», de Elena Gallego Abad. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica de Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Unha lectura amena e chea de información: «Novos pasos por Bretaña», de Pemón Bouzas. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre de Novos pasos por Bretaña, de Pemón Bouzas.

Un conto maxistral: «O raposo e a mestra«, de Manuel Rivas, no comentario de Armando Requeixo en Ames Radio

Armando Requeixo abordou na sección Radiocrítica de Ames Radio un comentario sobre O raposo e a mestra, o conto infantil de Manuel Rivas ilustrado por Jacobo Fernández Serrano (minuto 04:32).