Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2014

Presentación de “A memoria da choiva” de Pedro Feijoo en Lalín

O venres, 28 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Vagalume, Rúa D, 20 de Lalín, terá lugar a presentación da novela A memoria da choiva de Pedro Feijoo. No acto participarán, Gracia Santorum, Manuel Bragado e o autor.

O poemario «Raíz da fenda», de Berta Dávila, reedítase por terceira vez en oito meses

O poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, reedítase por terceira vez en oito meses. O poemario de Berta Dávila, que obtivo unhas críticas excelentes, está a ter unha acollida insólita dentro do ámbito da poesía e Xerais puxo xa en marcha a terceira edición, que estará nas librarías en breve.

Presentación de “Cadeas” de Xabier López López n’A Pobra do Caramiñal

O venres, 28 de febreiro, ás 20:30 horas, na Tenda-Escola O Deán, rúa Rafael Calleja, 11-13 d’A Pobra do Caramiñal, terá lugar a presentación de Cadeas de Xabier López López, Premio Xerais de Novela, 2013 e do número 92 do suplemento cultural A Voz de Barbantia.

Presentación de “Vento e chuvia” en Noia

O venres, 28 de febreiro, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Noia, terá lugar a presentación de Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia de Manuel Gago. No acto, organizado por A Lanzadeira de Alcor, Soledad Felloza dramatizará un dos relatos do libro.

Un blog escrito en valego recolle a presentación no Val do Ellas do libro «O Valego», de Xosé Henrique Costas

Un blog escrito en valego (Un sitiu valverdeiru) recolle unha anotación sobre a presentación no Val do Ellas do libro O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura), de Xosé Henrique Costas.

Na tradición da mellor Agatha Christie: «Sete Caveiras», de Elena Gallego Abad

La Voz de Galicia publicou unha reportaxe sobre Elena Gallego Abad e a súa novela Sete Caveiras. A reportaxe pode lerse ou descargarse aquí en pdf.

Presentación de “Cadeas” de Xabier López López en Pontevedra

O xoves, 27 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos d’A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11 (a carón do Teatro Principal) en Pontevedra, terá lugar a presentación de Cadeas de Xabier López López, novela gañadora do Premio Xerais de Novela, 2013. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e Xerais,  participarán Ramón Rozas, Xaime Toxo, Manuel Bragado e o autor.

Trazos da existencia: «Cadeas», de Xabier López López. Crítica de Lino García Salgado

Lino García Salgado publicou en Terra e Tempo unha recensión crítica sobre Cadeas, de Xabier López López, novela gañadora do Premio Xerais 2013.

Boa trama de misterio: «Sete caveiras», de Elena Gallego. A opinión dun lector en Lectureka

O blog Libros Lectureka! publicou unha valoración sobre a presentación da novela Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad.   La primera novela negra gallega, y en gallego Sete Caveiras de Elena Gallego revoluciona el panorama literario gallego Podéis ver un vídeo de la primera presentación de esta novela, que tuvo lugar en Vigo el 6 de Febrero, y una entrevista a la autora en exclusiva para Lectureka! aquí.

Compartir a risa: «Os Gotten», o novo libro de Alfonso Álvarez Cáccamo. Anotacións en Brétemas e Caderno da Crítica

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Os Gotten, de Alfonso Álvarez Cáccamo. Tamén o crítico Ramón Nicolás publicou no seu blog unha anotación sobre a presentación.   «Os Gotten» en Andel Na presentación d’ Os Gotten en Andel esmendrellámonos con Alfonso Álvarez Cáccamo e Gonzalo Navaza.

Vídeos da visita de Manuel Rivas ao club de lectura Lendo Contigo, de Espazo Lectura, en Gondomar con «O raposo e a mestra»

A asociación Espazo Lectura publicou no espazo TV da súa web varios vídeos da visita do escritor Manuel Rivas ao Club de lectura compartida Lendo Contigo o pasado día 1 para falar do seu libro O raposo e a mestra.

Un dos mellores froitos líricos do ano 2013: «Caderno do Nilo», de Cesáreo Sánchez Iglesias. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre o poemario Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias.   Culturalismo e emoción Sánchez Iglesias é unha das voces máis características da chamada xeración poética dos oitenta. Tense dito, e con razón, que unha das características sobranceiras desta xeración poética é o culturalismo.