Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2014

Novidade: «Os santos nunca dormen», de Teresa González Costa. A diferenza nunha novela cun rico universo literario e simbólico

Os santos nunca dormen, de Teresa González Costa, é unha das novidades de Narrativa de Xerais. Un médico psiquiatra, o doutor E. Laconte, publica o diario deixado por un dos seus pacientes, Jeremías, un restaurador de imaxes de santos.

Unha moza coa que se identifica calquera adolescente: «Estación de Tránsito» de Rosa Aneiros. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación crítica sobre Estación de Tránsito, de Rosa Aneiros, o segundo volume da triloxía Ámote Leo A.   Ámote Leo A. Estación de tránsito Anceios que tiñamos de ler a segunda entrega desta triloxía que Rosa Aneiros nos propón por medio da editorial Xerais: Ámote Leo A.

Ana Acuña: «Os Brais Pinto supuxeron unha ruptura político-cultural e a descuberta de novos camiños para a arte»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Ana Acuña  obre o seu libro Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), que estará nas librarías a partir do día 10 de marzo. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

«A memoria da choiva», en Narrativa; «Nubes de evolución», en Infantil e Xuvenil; e «Astérix e os pictos», en Banda Deseñada encabezan os libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de febreiro de 2014 a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas. A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, en Narrativa; Nubes de evolución, de Andrea Maceiras, en Infantil e Xuvenil; e Astérix e os Pictos, en Banda Deseñada, encabezan os listados dos libros máis vendidos.

Ángel Cardín: «O do achibeche é un oficio moi complexo, que se tarda anos en aprender»

O xornal La Nueva España publicou unha entrevista de Patricia Martínez con Ángel Cardín sobre o libro El azabache y su cultura en la Península Ibérica.   “El azabache es el símbolo más antiguo y permanente de Asturias” “Desde hace 19.

María Reimóndez: «Eu non son a mesma que cando fun á India no 94; non deixo de evolucionar». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista coa escritora María Reimóndez en torno ao feminismo e aos seus últimos poemarios, entre eles  Presente continuo.   «Constrúese a identidade das mulleres para crear desafección cara ao discurso feminista» María Reimóndez acaba de presentar os seus tres novos poemarios: ‘Moda galega reloaded’, ‘Cousiñas’ e ‘Presente continuo’.

Presentación en Ourense de “Vento e chuvia” de Manuel Gago

O venres, 7 de marzo, ás 20:00 horas, na livraría Torga, rúa da Paz, 12 de Ourense, terá lugar a presentación do libro Vento e chuvia de Manuel Gago. O acto contará coa participación de Manuel Gago e da actriz Soledad Felloza que dramatizará un dos relatos.

Un libro moi creativo: «Cadeas», de Xabier López López. Crónica da presentación

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publicou unha información de María Hermida sobre a presentación de Cadeas de Xabier López López, Premio Xerais de Novela 2013 na Pobra do Caramiñal.

Experiencias e actitudes próximas á mocidade: «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha recensión crítica sobre  Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.

A AELG prepara unha homenaxe a Xela Arias en Vigo

A AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) prepara unha homenaxe a Xela Arias en Vigo para o día 11 de marzo, ás 19 horas, no IES Álvaro Cunqueiro.   Á procura dos trazos que nos describan Con este verso de Xela Arias nomeamos a homenaxe que a AELG lle quere render á autora en marzo deste ano 2014.

Pedro Feijoo: «É un thriller literario con asasinatos e versos de Rosalía». Entrevisa sobre «A memoria de choiva»

A xornalista Rocío Ramos publicou na edición de Deza-Tabeirós de La Voz de Galicia unha entrevista con Pedro Feijoo sobre a súa novela A memoria da choiva. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Lavando os trapos sucios: «Dióxenes en Dolorida» de Ignacio Vidal Portabales. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou en El Progreso e no Diario de Pontevedra unha recensión crítica sobre Dióxenes en Dolorida de Ignacio Vidal Portabales, XXX Premio Blanco Amor de Novela.