Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2014

Fermosísimo conto: «O raposo e a mestra», de Manuel Rivas. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre O raposo e a mestra, o conto infantil de Manuel Rivas ilustrado por Jacobo Fernández Serrano.   Tradición, imaxinación e lirismo O raposo é un dos personaxes tradicionais nos contos populares galegos. É o símbolo da astucia.

«Os fillos do mar», de Pedro Feijoo: a samesuga que non deixa de chuchar. Discurso de dúas estudantes na entrega do Premio San Clemente

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o discurso dúas estudantes na entrega do Premio San Clemente outorgado á novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo.

Unha pequena e fermosa alfaia: «O refugallo», de Paula Carballeira. Crítica de Laura Blanco Casás

Laura Blanco Casás publicou en El Correo Gallego  unha recensión crítica sobre  O refugallo, de Paula Carballeira, Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, editado en colaboración con AGADIC.

Berta Dávila: «Non sei se mudei eu ou ‘Raíz da fenda me mudou a min». Entrevista de Carme Vidal

Sermos Galiza publicou unha entrevista que lle fixo Carme Vidal a Berta Dávila sobre a súa novela O último libro de Emma Olsen, sobre o seu novo libro infantil e sobre seu reeditado poemario Raíz da fenda (Fotografía: Distrito Xermar).

Unha das mellores voces desta xeración nova: «Dos tempos sombrizos», de Daniel Salgado. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre o poemario Dos tempos sombrizos, de Daniel Salgado. Cando a poesía non é consolo Daniel Salgado pertence á nova xeración de escritores e escritoras nados tras a morte de Franco que, como dixemos noutras achegas anteriores, xa tiveron acceso a un ensino regrado do galego e mesmo de materias en galego.

Presentación de “A miña primeira Rosalía” en Pontedeume

O xoves, 6 de marzo ás 20:00 horas, o Ateneo Eumés, organiza o concerto-presentación do libro A miña primeira Rosalía de Xosé Lastra e Xiana Lastra. No acto participarán Xosé Lastra, Xiana Lastra e María Manuela.

Presentación de “A memoria da choiva” de Pedro Feijoo en Ourense

O xoves, 6 de marzo, ás 20:oo horas, na livraría Torga, rúa da Paz, 12 de Ourense, terá lugar a presentación da novela A memoria da choiva de Pedro Feijoo. No acto participarán a xornalista Raquel Feijóo, Manuel Bragado e o autor.

Presentación “El azabache y su cultura en la Península Ibérica” en Xixón

O xoves, 6 de marzo, ás 19:30 horas, nas Termas Romanas, Campo Valdés, s/nº de Xixón, terá lugar a presentación do libro El azabache y su cultura en la Península Ibérica de Ángel Cardín. No acto participarán Paloma García Dízas e o autor.