Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2014

Os Megatoxos no Salón do libro de Pontevedra 2014

O pasado martes, 25 de marzo, Os Megatoxos foron protagonistas no Salón do Libro de Pontevedra. O autor e ilustrador Anxo Fariña, ensinoulle aos nenos e nenas participantes nos obradoiros a decorar galletas cos personaxes da éxitosa serie, unha maneira máis de Cociñar Contos, lema do Salón do Libro deste ano.

Carlos Negro: «En ‘Penúltimas tendencias’ abordo o tema da identidade de xénero». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista co escritor Carlos Negro sobre o seu poemario Penúltimas tendencias.   «Hai todo un mercado especializado que pauta o que as mozas deben comprar, vestir, pensar» Unha moza rebélase contra a ditadura do fashion, cool, chic e sexy. Do dogma do sempre guapa e perfecta, como mandan as revistas de moda.

A viaxe como aprendizaxe: «Ámote Leo A. Estación de Tránsito», de Rosa Aneiros. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre a novela Estación de Tránsito, de Rosa Aneiros, o segundo volume da triloxía Ámote Leo A.   Mellora a viaxe Nesta segunda entrega da serie, Leonor (Leo A.) continúa a súa viaxe de seis meses.

Ramón Caride: «Hoxe poría o personaxe a loitar contra a corrupción política»

A edición ourensá de La Voz de Galicia publicou unha entrevista con Ramón Caride sobre O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas.   Ramón Caride: «Hoxe poría o personaxe a loitar contra a corrupción política» O Capitán Aspanitas ten tamén o seu propio libro. Escribiuno Ramón Caride (Cea, 1957).

Elena Gallego: «No Brasil atopei gran curiosidade por Galicia». Entrevista en Quilombo Noroeste

Elena Gallego: «No Brasil atopei gran curiosidade por Galicia». Entrevista en Quilombo Noroeste

O blog Quilombo Noroeste, Espazo para a cultura galega no Rio de Janeiro, publicou unha entrevista coa escritora  Elena Gallego Abad.   Elena Gallego no Rio de Janeiro. Entrevista Nos últimos días a escritora galega Elena Gallego estivo no Rio de Janeiro e en Brasilia, participando do XI Encontro Internacional de Escritoras.

«A Expedición do Pacífico», de Marilar Aleixandre: personaxes femininas e investigación sobre insectos

O blog Escritoras de literatura infantil e xuvenil publicou varias anotacións sobre A expedición do pacífico, de Marilar Aleixandre.

Presentacións de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” no País Vasco

O venres, 28 de marzo, ás 19:30 horas, no Lar Galego de Iruñea, rúa Fermín, 4 baixo, Carlos Callón presentará o seu libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.

Presentación en Lérez de “Pontevedra nos anos do medo” de Xosé Álvarez Castro

O xoves, 28 de marzo, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Lérez, terá lugar a presentación do libro Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939) de Xosé Álvarez Castro. O acto está organizado pola Asociación Sociocultural de Lérez CEDOFEITA e Xerais.

Presentación en Bueu de “Sete Caveiras” de Elena Gallego Abad

O venres, 28 de marzo, ás 20:30 horas, na Sala Amalia Domínguez Búa, rúa Eduardo Vicenti, 2 de Bueu, terá lugar a presentación da novela Sete Caveiras de Elena Gallego Abad. No acto, organizado por Xerais e a Librería Miranda coa colaboración do Concello de Bueu, participarán Manuel Bragado e Elena Gallego Abad.

Teresa González Costa: «O mar, na miña novela, é un personaxe de seu, que lle dá ritmo á vida». Entrevista de Belén López

A xornalista Belén López publicou no Diario de Pontevedra unha entrevista coa escritora Teresa González Costa sobre a súa nova novela Os santos nunca dormen A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Un recetario tradicional rompe coas lendas sobre a preparación do polbo

Faro de Vigo e La Opinión da Coruña publicaron unha información de Mar Mato sobre o libro O polbo e a súa cociña, de Matilde Felpeto Lago (foto: R. Grovas).

«Recinto gris» e «Penúltimas tendencias»: literatura intelixente para mozos e mozas intelixentes. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre Recinto Gris, de Ledicia Costas, e Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.   Literatura intelixente para mozos e mozas intelixentes Ledicia Costas, en Recinto gris escribiu unha preciosa historia de liberación persoal e colectiva.