Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2014

As aventuras de Paula Carballeira e as nenas protagonistas de «O refugallo». Anotación no blog Escritoras de literatura infantil e xuvenil

O blog Escritoras de literatura infantil e xuvenil publicou unha anotación sobre Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico e outra sobre  O refugallo, de Paula Carballeira, Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, editado en colaboración con AGADIC.

Unha novela chea de trama, de argumento: «O sangue dos camiños», de Ramón Caride. Crítica de Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica da novela O sangue dos camiños, de Ramón Caride.   Novela de estradas e de ventos fatalistas Con lixeiras modificacións con respecto á primeira edición publicada no ano 2003 en Sotelo Blanco Edicións, O sangue dos camiños, a que é na miña estima a mellor novela longa de Ramón Caride, ve de novo luz esta vez nos prelos de Edicións Xerais.

María Reimóndez: «Este libro quere combater a sensación que ten a cidadanía de non poder superar a situación que estamos a vivir»

O programa Somos quen da Radio Galega emitiu unha entrevista con María Reimóndez sobre o seu novo libro A alternativa está aquí. A entrevista pode escoitarse a partir do minuto 23.

Reivindicar o xornalismo desde a literatura: «Sete caveiras», de Elena Gallego. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de  Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad en Marín.     Xornalismo vocacional A presentación de Sete Caveiras, a novela de negra de Elena Gallego, no impresionante Museo Manuel Torres de Marín, volveu ser un acto de reivindicación do xornalismo vocacional.

Presentación en Santiago de “A alternativa está aquí” de María Reimóndez

O xoves, 27 de marzo ás 20:00, na libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7 de Santiago, terá lugar a presentación do libro A alternativa está aquí de María Reimóndez. No acto participarán Encarna Otero, Manuel Bragado e María Reimóndez.

Presentación en Pontevedra de “Ámote Leo A.” de Rosa Aneiros

O xoves, 27 de marzo, ás 19:30 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra, terá lugar a presentación dos libros Ámote Leo A. Destino xalundes e Ámote Leo A. Estación de tránsito de Rosa Aneiros. No acto participarán Fran Alonso e Rosa Aneiros.

Presentacións de “Vento e chuvia” de Manuel Gago no País Vasco

O mércores, 26 de marzo, Manuel Gago presenta o seu libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia na Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto. O xoves, 27 terá lugar a presentación na Universidade do País Vasco, Lectorado de Estudos Galegos, Facultade de Letras Vitoria-Gazteiz.

Manuel Darriba: «Falta máis risco de investigación e experimentación, ambición artística, autocrítica feroz, inconformismo». Entrevista de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista co escritor Manuel Darriba, autor de O bosque é grande e profundo.   Parlamento das Letras Manuel Darriba A escrita de Manuel Darriba é sempre un iceberg, agocha ben máis do que parece.

Exposición do “así se fixo” do booktrailer “As meigas de Lupa” de María Solar

O Museo Interactivo de Historia de Lugo acolle ata o 6 de abril a exposición inspirada no libro As Meigas de Lupa de María Solar. As meigas de Lupa de María Solar xa ten exposición, trátase do traballo realizado por “La Cosa Gráfica” entorno ao libro editado por Xerais.

Libros que buscan o lector, unha lectora xuvenil: «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro. Anotación en Rede Lectura

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.   Libros que buscan o lector, unha lectora xuvenil. Libros que fan intentos por atopalo. Probemos… Penúltimas tendencias de Carlos Negro chéganos despois de Makinaria. Mozos e motos. Mozas e moda.

Elena Gallego profundiza na novela negra en galego con «Sete caveiras»

El Correo Gallego, Galicia Hoxe e Faro de Vigo publicaron un información de Europa Press sobre Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad.   Elena Gallego profundiza na novela negra en galego con ‘Sete caveiras’ Elena Gallego aborda o xénero negro en galego desde unha nova perspectiva, a do protagonismo feminino, con ‘Sete caveiras’ (‘Sete caveiras’), editada por Xerais a comezos de 2014.

«Funambulistas», de Mercedes Leobalde, premio Ánxel Fole de narrativa

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o Premio Ánxel Fole de narrativa, que gañou a escritora Mercedes Leobalde co libro de relatos Funambulista. O libro será publicado por Xerais proximamente.