Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2014

Persoas diferentes, personaxes diferentes: Ledicia Costas no Club de Lectura «Lendo no Galiñeiro», con «Recinto gris»

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha anotación sobre o encontro que mantivo Ledicia Costas en torno a súa novela Recinto Gris no Club de Lectura Lendo no Galiñeiro, do IES Valadares.

«O gardián invisible», de Dolores Redondo, finalista do Premio da Semana Negra

A novela O gardián invisible, de Dolores Redondo, resultou elixida finalista entre as novelas que optan ao Premio Dashiel Hammett á mellor novela de xénero negro publicada no ano 2013. Os xurados reuniranse ao longo da celebración da XXVII edición da Semana Negra de Xixón e fallarán los premios que se outorgan no festival, que se fará públicos na mañá do 11 de xullo de  2014.

Pemón Bouzas: «A personaxe de María Soliña reivindica o esforzo dunha muller pola dignidade»

Tendencias, de Galicia Confidencial, publicou unha entrevista a Pemón Bouzas sobre a súa novela A voz do vento.   María Soliña: Entre o mito e a realidade Pemón Bouzas vén de presentar a súa nova novela A Voz do Vento, ambientada en Cangas no contexto do ataque de piratas turcos de 1617 e na que afonda na figura da mítica María Soliña.

A incrible biografía de Arxentino Rocha nunha exposición. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro O Gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte de Irene Pérez Pintos e Rodrigo Pérez Pintos.

Crítica de Vicente Araguas sobre «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica sobre sobre Penúltimas tendencias o poemario de Carlos Negro. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Pere Tobaruela: «Quero que os lectores vexan que poden divertirse en galego»

Faro de Vigo publicou unha entrevista a Pere Tobaruela sobre a súa novela Vapor, asinada co heterónimo literario Lea Tobery.   «Quero que os lectores vexan que poden divertirse en galego» «O consumo de Vapor é moi feminino; é un libro de emocións» A librería Vagalume, na rúa D de Lalín, acolle esta tarde (20.

Booktráiler da novela «A viaxe de Gagarín», de Agustín Fernández Paz e blog específico para o libro

Booktráiler da novela A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz, realizado por David Rodríguez. O booktráiler pode verse tamén no blog de Gagarín, unha bitácora que o autor abriu para informar do proceso de documentación da novela: «precisei documentarme antes sobre diferentes temas, que se foron ampliando a medida que avanzaba na redacción.

Un adolescente na sociedade galega dos 60: «A viaxe de Gagarin», de Agustín Fernández Paz. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a novela A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz.   «A viaxe de Gagarin» Chegaron onte os primeiros exemplares d’ A viaxe de Gagarin, a nova novela de Agustín Fernández Paz que publicamos en Xerais Narrativa.

Matilde Felpeto: «O polbo é un alimento moi saudable, apenas ten graxas. Era apreciado pola Galicia máis humilde». Entrevista en Radiofusión

Radiofusión emitu unha entrevista con Matilde Felpeto Lago sobre o libro O polbo e a súa cociña. A entrevista pode escoitarse ou descargarse aquí en mp3.     Sesenta e sete xeitos de preparar o polbo 67 xeitos de preparar o polbo. Iso é o que ofrece o libro de Matilde Felpeto Lagoa “O polbo e a súa cociña”.

Un libro cheo de fantasía: «As viaxes de Ruki», de Ramón Caride. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre As viaxes de Ruki, de Ramón Caride.   As viaxes de Ruki Lin dunha pequena sentada a nova proposta de Ramón Caride para a infancia que publica Xerais na súa colección Sopa de Libros: As viaxes de Ruki conta coas ilustracións de Manolo Uhía.

Cesáreo Sánchez Iglesias e Antón Cortizas, Premios Losada Diéguez de creación e investigación

O poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, co seu libro Caderno do Nilo, e o escritor Antón Cortizas, con Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza, resultaron gañadores esta fin de semana do Premio Losada Diéguez nos apartados de creación e investigación respectivamente. O xurado, que se reuniu no Concello de Boborás premiou estas dúas obras de Xerais, sinalou as virtudes das obras premiadas.

Berta Dávila, Premio da Crítica 2014 por «Raíz da fenda»

A escritora compostelá Berta Dávila (foto de Paco Rocha) resultou gañadora do Premio da Crítica 2014 polo seu poemario Raíz da fenda, editado por Xerais, que vai xa na 3ª edición. O poemario, un dos libros de poesía máis reeditado nos últimos anos, fora galardoado tamén coa XV edición do Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu.