Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2014

Xerais na Feira do Libro de Santiago 2014

Dende o 26 de abril ao 4 de maio, na Alameda Compostelana, terá lugar a Feira do Libro de Santiago (Foto: xoán a. soler. La Voz de Galicia), na que Xerais ten programados os seguintes actos: Día 28 luns 19:00 h.:  Presentación de Contra a norte das linguas. O caso do galego de Miguel Moreira Barbeito con Teresa Moure e Manuel Bragado. 19:30 h.:  Sinatura de Pedro Feijoo 20:00 h.

«A viaxe de Gagarin», novo libro de Agustín Fernández Paz. Anotación en Rede Lectura

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre A viaxe de Gagarín, de Agustín Fernández Paz.     A viaxe de Gagarin, novo libro de Agustín Fernández Paz Agustín Fernández Paz anuncia a publicación do seu novo libro, A viaxe de Gagarin. Nesta ligazón pódese descargar xa o primeiro capítulo desta novela.

Elena Gallego: «Sete Caveiras mestura a actualidade cos anos da movida»

O programa A Revista da TVG emitiu unha entrevista á escritora Elena Gallego Abad sobre a súa novela Sete Caveiras.

Matilde Felpeto: «Arredor do polbo foron creándose moitos mitos»

A edición de Ourense de La Voz de Galicia publicou unha información de Xosé Manoel Rodríguez sobre a presentación onte no Carballiño do libro O polbo e a súa cociña 67 receitas da cociña tradicional familiar de Matilde Felpeto Lagoa.

Xabier P. Docampo e Paula Carballeira participan en Chile na Ludoferia Internacional de Literatura Infantil e Xuvenil de Valparaíso

Os escritores Xabier P. DoCampo (que publicou recentemente en Xerais A illa de todas as illas) e a escritora Paula Carballeira (que publicou recentemente en Xerais O refugallo) participan, entre o 23 e o 26 de abril, na Ludoferia Internacional de Literatura Infantil e Xuvenil de Valparaíso, en Chile. Os dous autores galegos forman parte dun total de nove convidados para esta edición de 2014.

Presentación de “Pontevedra nos anos do medo” en Bueu

O domingo, 27 de abril, a partir das 18:30 horas, no Centro Social do Mar de Bueu, terá lugar unha conferencia, organizada pola Asociación Amigos de Johán Carballeira,  de Xosé Álvarez Castro arredor do seu libro Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939).

Alfonso Álvarez Cáccamo: «Os soños e todo o que sucede arredor son fonte de inspiración cotiá». Entrevista de Lourdes Varela

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Alfonso Álvarez Cáccamo sobre o seu libro Os Gotten (Foto de María Xesús Toba).  A entrevista pode lerse ou descargarse neste enlace.

Destacar nun mundo reservado para os homes: «Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros», de María Xosé Queizán. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros, de Mª Xosé Queizán.     Imaxes de Dona Emilia Valorada e denostada María Xosé Queizán (Vigo, 1939) achéganos con Emilia Pardo Bazán.

Ramón G. Izquierdo, tradutor dos sonetos ao galego: «Shakespeare deixou numerosas incógnitas nos trazos dos seus personaxes»

Coincidindo co 450 aniversario do nacemento de Shakespeare, os xornais La Opinión e Faro de Vigo publican unha entrevista de E. Ocampo a Ramón G. Izquierdo sobre a súa tradución dos Sonetos de Shakespeare.

Acertada mestura de xéneros literarios como ciencia ficción, novela testemuñal ou fantasía: «O sangue dos camiños», de Ramón Caride. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre a novela O sangue dos camiños, de Ramón Caride.   Reedición necesaria Esta novela que agora se reedita foi galardoada no 2003 co Premio Risco.

Desde o xornalismo á ficción: «Sete Caveiras», de Elena Gallego. Texto de Marta Rodríguez

Reproducimos o texto que Marta Rodríguez leu na presentación de obre Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad na libraría Couceiro de Santiago o pasado 3 de abril, así como este enlace a un podcast do programa O Clube das Nove, de Onda Cero Ourense, que presentaban as propias Marta Rodríguez e Elena Gallego.

Presentación en Moaña de “Sete Caveiras” de Elena Gallego Abad

O venres, 25 de abril, ás 20:30 horas, na Librería O Pontillón, rúa Concepción Arenal, 7 de Moaña,  terá lugar a presentación da novela Sete Caveiras de Elena Gallego Abad.