Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2014

Novidade: «As redes de Inés«, de Elvira Riveiro Tobío (Autor/a) Fino Lorenzo: poesía infantil en formato álbum

As redes de Inés, de Elvira Riveiro Tobío, con ilustracións de Fino Lorenzo, é unha novidade da colección Merliño. Unha nova proposta que amplía o horizonte da poesía infantil. Inés está no peirao dende o amencer, ata que te ata o verde cordel. E eu sei que ela sabe, ela sabe que eu sei… …que nunca se enlean as redes de Inés.   Elvira Ribeiro Tobío (Cerponzóns, 1971) é profesora, tradutora e poeta.

II Premio de Poesía Gonzalo López Abente. Bases

A Fundación Gonzalo López Abente puxo en marcha a convocatoria do II Premio de Poesía Gonzalo López Abente para poemarios en lingua galega, do que Xerais publicará a obra gañadora. O certame pretendo contribuír á difusión do nome do autor muxián e á produción poética dentro da nosa literatura. O pasado ano, o libro gañador foi Dos tempos sombrizos, de Daniel Salgado. Os orixinais deben ser presentados antes do 25 de maio.

Berta Dávila: «Aínda me custa moito definirme como escritora, aínda me vexo do lado da lectora»

O xornalista Tino Santiago entrevistou no programa Zig-Zag da TVG á escritora Berta Dávila.

Pemón Bouzas no Sant Jordi 2014 con “A voz do vento”

O mércores, 23 de abril, Día do Libro – Sant Jordi, Pemón Bouzas estará asinando exemplares da súa novela A voz do vento na Caseta do Centro Galego de Barcelona, Rambla Caputxins, 35-37 en horario de 17:00 a 19:00 horas.

Matilde Felpeto: «Cando non había pementón o polbo adobiábase con herbas aromáticas; é un manxar»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Jorge Lamas a Matilde Felpeto Lago sobre o seu libro O polbo e a súa cociña.     «Sumergir tres veces el pulpo en la cocción solo es un rito» Xerais publica un libro con 67 recetas tradicionales Matilde Felpeto Lagoa ha publicado en Edicións Xerais «O polbo e a súa cociña», un libro para saberlo casi todo sobre el pulpo, uno de los animales más queridos por los gallegos.

Pemón Bouzas:«María Soliño representa os valores da sociedade con principios»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Pemón Bouzas sobre a súa nova novela A voz do vento. A entrevista pode lerse ou descargarse neste enlace.

Novidade: «Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2014», de Manuel Antón Mosteiro

Novidade: Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2014, de Manuel Antón Mosteiro García. Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2014 é unha obra que pretende servirlle de axuda ao alumnado de Lingua e literatura galega de 2º de Bacharelato para preparar a Proba de acceso á universidade do ano 2014.

Novidade: «A voz do vento», de Pemón Bouzas: bruxas, aquelarres, María Soliño e a Santa Inquisición no século XVII

A voz do vento, de Pemón Bouzas, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. A principios do século XVII a vila de Cangas do Morrazo faise célebre porque varias das súas veciñas son levadas diante do tribunal da Santa Inquisición en Santiago de Compostela acusadas de bruxaría. Entre elas está María Soliño, unha muller con facenda e negocios que andaba polos sesenta anos cando foi xulgada.

Presentación de “A memoria da choiva” de Pedro Feijoo na EOI de Barcelona

O martes, 22 de abril, a partir das 19:00 horas, na Aula 12 (Edifici Annex) na Escola Oficial de Idiomas de Barcelona, Pedro Feijoo manterá un encontro co Club de lectura Lermos sobre a súa novela A memoria da choiva Máis información aquí   

Novidade: «O gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte», de Irene e Rodrigo Pérez Pintos

O gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte, de Irene Pérez Pintos e  Rodrigo Pérez Pintos, co ilustracións de Ramón Trigo Alonso, é unha novidade moi singular de Xerais para esta primavera. Ernest Hemingway dixo do galego universal Arxentino da Rocha Alemparte (Xunqueira de Ambía, 1886-Camagüey, 1959) que «de non ser galego, só sería crible como personaxe literario».

Aventura e acción: «Reckless. Vida nas sombras», de Cornelia Funke. Crítica de Mónica Álvarez

Mónica Álvarez Pérez publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre Reckless. Vida nas sombras, de Cornelia Funke.

Xabier P. DoCampo: «Importan as historias, pero máis importa contalas ben, conxugar eficacia narrativa e beleza literaria»

Ramón Nicolás publicou na revista Qué leer, nº 192 unha entrevista a Xabier P. Docampo sobre o seu libro  A illa de todas illas que recolle no seu blog.     «A formación do bo lector. Conversa con Xabier P. Docampo» (en Qué leer, nº 197, Letras galegas) FALAMOS CUN AUTOR NA VANGARDA DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL GALEGA. E, TRAS CASE UNHA DÉCADA, ESTA SECCIÓN DI ADEUS.