Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2014

«Sete Caveiras», de Elena Gallego, e a gastronomía na Taberna do Pirata

O blog de María Bragado Paz publica unha anotación titulada «Cociña con cogomelos na Taberna do Pirata» na que aborda as referencias gastronómicas na novela novela Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad.   Cociña con cogomelos na Taberna do Pirata En Sete Caveiras, a novela de Elena Gallego protagonizada pola xornalista Marta Vilas, hai un peso importante para as referencias gastronómicas.

«A illa de todas as illas», de Xabier P. DoCampo: o booktrailer

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o booktrailer do libro A illa de todas illas, de Xabier P. Docampo. Subimos outro excelente booktrailer, o do libro de Xabier P.

Poética con argumentos de seu: «Presente continuo», de María Reimóndez. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica sobre sobre Presente continuo, o poemario de María Reimóndez. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Berta Dávila: «En ‘Raíz da fenda’ hai unha procura de afondar na fisura que abre en nós a experiencia da perda»

BiosBardia publicou unha entrevista que lle fixo César Lorenzo a Berta Dávila centrada na súa novela O último libro de Emma Olsen, pero na que tamén fala do seu reiteradamente reeditado poemario Raíz da fenda. A entrevista pode lerse neste enlace.

Axilidade e rotundidade para un tempo de barbarie e confusión: «O bosque é grande e profundo», de Manuel Darriba. Crítica de Lara Rozados

Lara Rozados publicou unha recensión crítica en Tempos Novos sobre a novela O bosque é grande e profundo, de Manuel Darriba. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Logo da banda sonora, chega o booktrailer de «As meigas de Lupa», de María Solar

Logo de que coñecesemos a Banda Sonora Orixinal da novela As meigas de Lupa, de María Solar feita polo músico galego David Alonso Garzón, chégalle agora o turno ao booktrailer, realizado polo equipo de La Cosa Gráfica para a novela de  María Solar. A música é tamén de David Alonso Garzón.

Unha historia de aventura, intrigas e elementos da tradición galega: «A voz do vento», de Pemón Bouzas. Reportaxe de Amalia Mauleón

O Faro de Vigo publica unha información de Amalia Mauleón sobre A voz do vento, de Pemón Bouzas.

Elena Gallego Abad: «O labor que fai Marta Vilas na miña novela achégase bastante á realidade que se vive na redacción dalgúns medios galegos»

Elena Gallego Abad: «O labor que fai Marta Vilas na miña novela achégase bastante á realidade que se vive na redacción dalgúns medios galegos»

Raquel Feijóo publica en Tempo de lecer unha entrevista á escritora Elena Gallego Abad sobre a súa novela Sete Caveiras (Fotografías de Israel Elíaz). Tamén Brétemas, o blog de Manuel Bragado, recolleu a presentación do libro nunha anotación.

Pautas de comportamento contra o pensamento único: «A alternativa está aquí» de María Reimóndez. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre o libro A alternativa está aquí de María Reimóndez.

Premio Irmandade do Libro ao mellor libro infantil e xuvenil do ano para a potente triloxía «Ámote Leo A.», de Rosa Aneiros

O xurado do Premio Irmandade do Libro, que organiza a Federación de Libreiros de Galicia concedeulle o pasado sábado o galardón ao mellor libro infantil e xuvenil do ano á triloxía Ámote Leo A., de Rosa Aneiros no transcurso dunha cea celebrada na vila de Rianxo. A triloxía Ámote Leo A.

«Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)», de Ana Acuña, entre os libros máis recomendados na Tabela do mes de abril

O libro Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), de Ana Acuña sitúase no segundo posto dos libros máis recomendados no mes de abril na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Presentación en Vigo de “O polbo e a súa cociña” de Matilde Felpeto

O mércores, 9 de abril, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro O polbo e a súa cociña. 67 receitas da cociña tradicional familiar de Matilde Felpeto Lagoa. No acto participarán Xavier R. Baixeras, Manuel Bragado e a autora que convidará aos asistentes a uns amendoados feitos por ela e a un viño.