Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2014

Chus Pato, Premio Irmandade do Libro na modalidade de autor/a

A poeta Chus Pato acaba de ser recoñecida co premio Irmandade do Libro na modalidade de autor ou autora pola Federación de Libreiros de Galicia en recoñecemento á súa traxectoria. Reproducimos a información do xornal Galicia Hoxe.

Manuel Rivas fala en Lugo do «amor á música que une un raposo e unha mestra»

El Progreso publicou unha información de Jaureguizar sobre Manuel Rivas e o espectáculo que realiza co seu libro O raposo e a mestra.

Novidade: «Contra a morte das linguas. O caso do galego», de Miguel Moreira Barbeito

Contra a morte das linguas. O caso do galego, de Miguel Moreira Barbeito, é unha novidade da colección Crónica. Baixo o provocativo título Contra a morte das linguas. O caso do galego preséntase unha perspectiva anovadora para a interpretación de dúas realidades interdependentes: a diminución da diversidade lingüística, no nivel planetario, e a situación do galego, no nivel local.

Suliñados de «Os Gotten», de Alfonso Álvarez Cáccamo

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre Os Gotten, de Alfonso Álvarez Cáccamo. Suliñados de Os Gotten Velaquí un magado de suliñados que non me privei de facer mentres lía Os Gotten, de Alfonso Álvarez Cáccamo.

Elena Gallego Abad: «Á maioría da xente o que nos gusta é ser detectives». Entrevista na Radio Galega

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou á escritora  Elena Gallego Abad.

Presentación en Betanzos de “A illa de todas as illas” de Xabier P. DoCampo

O venres, 4 de abril, ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, terá lugar a presentación do libro A illa de todas as illas de Xabier P.DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas. No acto, no que participarán Xosé Cobas e Xabier P. DoCampo, proxectarase o booktráiler da novela.

As ensarilladas vidas de «Os Gotten», o novo libro de Alfonso Álvarez Cáccamo. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Os Gotten, de Alfonso Álvarez Cáccamo.

En clave de metáfora: «Recinto gris», de Ledicia Costas. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Recinto Gris, de Ledicia Costas.     Ficción distópica Cuestionando actitudes A cor cincenta tingue dende o comezo unha das últimas entregas que Ledicia Costas ofrece aos lectores.

Dolores Redondo: «O xénero negro debe beber tamén doutras fontes»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Dolores Redondo na que conversa sobre a súa última novela, Legado nos ósos,  que é a segunda novela da triloxía do Val de Baztán, como da primeira novela da trioloxía: O gardián invisible. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Suso de Toro, recoñecido coa Creu de Sant Jordi polo goberno catalán

O escritor Suso de Toro foi recoñecido polo Goberno da Generalitat coa Creu de Sant Jordi, a máis alta distinción que se concede no país. A Generalitat ve en Suso de Toro un excelente valedor da personalidade de Cataluña, proxectando, a través do seus libros e artigos, «unha visión positiva da identidade catalá e explorando vías de diálogo sobre a realidad política española».

Ledicia Costas: «Recinto gris é unha reivindicación da fantasía e da ilusión». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista coa escritora Ledicia Costas sobre Recinto Gris.   «A represión social e política non poden quitarnos a fantasía e a capacidade de soñar» O corazón de Xúpiter’, de Ledicia Costas, vai xa pola quinta edición. A súa autora acaba de publicar outro libro, ‘Recinto gris’. Unha distopía que remite aos campos de exterminio nazis… e á actualidade.

Presentación en Ourense de “Sete Caveiras” de Elena Gallego Abad

O venres, 4 de abril, ás 20:00 horas, na libraría Aldova, Centro Comercial Ponte Vella de Ourense, terá lugar a presentación da novela Sete Caveiras de Elena Gallego Abad. No acto participarán Raquel Feijoo, xornalista e directora de Tempo de Lecer, Marcos Vila, director-xerente de CC Ponte Vella, Manuel Bragado e a autora.