Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2014

A enciclopedia do polbo, con 67 receitas: «O polbo e a súa cociña», de Matilde Felpeto Lagoa. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre o libro O polbo e a súa cociña, de Matilde Felpeto Lago.     A enciclopedia do polbo O polbo e o porco, como di a autora deste libro, están presentes na alimentación e ata na historia familiar alimentaria de todos os galegos.

O libro «A alternativa está aquí», de María Reimóndez, estrea web co ánimo de crear debate

O ensaio A alternativa está aquí, de María Reimóndez, que foi o máis vendido na súa categoría durante o mes de marzo, estrea nova web.

Miguel Moreira Barbeito: «Desde unha perspectiva ecolóxica, o número de falantes dunha lingua non repercute nas súa posibilidades comunicativas»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Anxo Quintela a Miguel Moreira Barbeito sobre o seu libro Contra a morte das linguas. O caso do galego.

Unha historia de casualidades, encontros e esperanza: «Nubes de evolución», de Andrea Maceiras. Crítica de Laura Blanco Casás

Laura Blanco Casás publicou en El Correo Gallego  unha recensión crítica sobre a novela Nubes de evolución, de Andrea Maceiras. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Historais e anécdotas contadas con humor e ironía: «Os Gotten», de Alfonso Álvarez Cáccamo. Crítica de Chus Nogueira no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira  sobre o libro de relatos Os Gotten, de Alfonso Álvarez Cáccamo.

Presentación en Santiago de “Sete Caveiras” de Elena Gallego Abad

O xoves, 3 de abril, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación da novela Sete Caveiras de Elena Gallego Abad. No acto, organizado pola Asociación de Periodistas de Galicia, a Libraría Couceiro e Xerais, participarán Marta Rodríguez, Manuel Bragado e a autora.

«Novos pasos por Bretaña», de Pemón Bouzas, na radiocrítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo abordou na sección Radiocrítica de Ames Radio o comentario crítico sobre Novos pasos por Bretaña, de Pemón Bouzas.

«A memoria da choiva», en narrativa; «Penúltimas tendencias», en poesía; «Estación de Tránsito» en Infantil e Xuvenil; e «A alternativa está aquí», en ensaio encabezan os libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de marzo de 2014 a partir da información proporcionada por 15 librarías galegas.

Humor con reflexión intelixente: «Os Gotten», de Alfonso Álvarez Cáccamo. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre Os Gotten, de Alfonso Álvarez Cáccamo.   Os Gotten e os libros intelixentes Ás veces, cos libros, pasa coma na  Biblioteca da Iguana da Xosé Miranda coas palabras, que desparecen, aparecen e transmútanse. A fin de contas, un libro vén sendo un mar de palabras ordenadas. E a min pasoume onte.

«As bruxas» de Roald Dahl, por Agustín Fernández Paz

O escritor Agustín Fernández Paz publicou unha longa anotación sobre As bruxas, de Roald Dahl, ilustrado por Quentin Blake e traducido por Xela Arias. Tamén pode descargarse na web de Xerais a ficha didáctica que propón diversas actividades sobre este libro clásico.   As bruxas de Roald Dahl Para quen isto escribe, falar de Roald Dahl é cousa seria.

Vídeo de Illa Bufarda: «Xela e a palabra»

Illa Bufarda publicou na web do Consello da Cultura Galega dúas producións viodeográficas sobre as poetas Luísa Villalta e Xela Arias. Reproducimos o vídeo «Xela e a palabra», estreitamente vencellado coa importancia da figura e o traballo de  Xela Arias no nacemento e desenvolvemento de Edicións Xerais de Galicia.

As relacións Madrid-Galicia no eido literario: «Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)», de Ana Acuña. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre o libro Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), de Ana Acuña.   Un bo punto de partida Acuña Trabazo analiza o desenvolvemento de grupos literarios e mesmo políticos en Madrid entre 1950 e 2000.