Publicado o 30 Maio, 2014 nas categorías Fóra de Xogo, Merlín, Narrativa, Nota de prensa, Noticias, Premios, Premios_Xerais, Xuvenil
Nas reunións celebradas na tarde do 30 de maio polos xurados dos Premios Xerais 2014 no castelo de Soutomaior declaráronse as finalistas de cada un dos tres premios literarios convocados pola editorial.
O xurado da XXXI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.
Ler máis →
Publicado o 30 Maio, 2014 nas categorías Críticas, Narrativa
A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publicou unha recensión crítica de Xerardo Agrafoxo sobre a novela A voz do vento, de Pemón Bouzas.
Ler máis →
Publicado o 30 Maio, 2014 nas categorías Animación á lectura, Clubs_de_lectura, Fóra de Xogo, Poesía, Xuvenil
Unha actividade de Carlos Negro sobre o poemario Penúltimas tendencias, centra a sesión de mañá sábado 31 do Comando Le de Espazo Lectura, unha actividade dirixida para mozos e mozas adolescentes.
Ler máis →
Publicado o 30 Maio, 2014 nas categorías Críticas, Ensaio, LibroX
María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo, de Xesús Alonso Montero.
Ler máis →
Publicado o 30 Maio, 2014 nas categorías Animación á lectura, Clubs_de_lectura, Infantil, Sopa de Libros
O libro Desde unha estrela distante, de Agustín Fernández Paz, pechará esta tarde a tempada do Club de lectura Lendo Contigo, que organiza a asociación Espazo Lectura en Gondomar, coa celebración dunha Noite Extraterrestre que terá lugar hoxe venres na Casa da Lectura.
Ler máis →
Publicado o 30 Maio, 2014 nas categorías Críticas, Narrativa
A revista Tempos Novos publicou unha recensión critica de Xosé Antonio López Silva sobre Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad.
Sete caveiras ou a aqueles (non) tan marabillosos anos
Semella clara a preponderancia nos últimos tempos do éxito editorial en lingua galega da narrativa de xénero. Unha ollada ás listas dos máis vendidos dos últimos anos constatan a fidelidade do público en particular cara o xénero negro.
Ler máis →
Publicado o 30 Maio, 2014 nas categorías Narrativa
La Voz de Galicia publicou unha información sobre Costa do Solpor de Xosé Mª Lema.
Xosé María Lema: «’Costa do solpor’ empeza onde acaba ‘A illa do tesouro’»
A historia transcorre a mediados do século XVIII e «loxicamente a torre de Hércules non estaba como a vemos hoxe»
Un bergantín pirata fondeado no porto coruñés.
Ler máis →
Publicado o 30 Maio, 2014 nas categorías Entrevistas, Fóra de Xogo, Xuvenil
O blog da Biblioteca do IES do Porto do Son publicou unha entrevista en vídeo con Teresa Moure, sobre a súa obra Unha primavera para Aldara, feita por estudantes do centro.
Teresa Moure
Teresa en diálogo – que durou ben máis do que vedes, pero xa sen cámaras – cos seus lectores de “Unha primavera para Aldara” na curriña biblioteca do noso liceo.
Ler máis →
Publicado o 30 Maio, 2014 nas categorías Críticas, Crónica
Manuel Rodríguez Alonso publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre o libro Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), de Ana Acuña.
Ler máis →
Publicado o 29 Maio, 2014 nas categorías Críticas, Narrativa
Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre a novela A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz.
A Xeración da Transición ou dos oitenta
Nun recente artigo en Faro da Cultura, M. Bragado fala da Xeración de fin de século, escritores que se fan famosos na década dos oitenta do pasado século. Inclúe neste grupo xeracional narradores como Carlos G.
Ler máis →
Publicado o 29 Maio, 2014 nas categorías Críticas, Narrativa
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Dolores Martínez Torres sobre a novela Os santos nunca dormen, de Teresa González Costa.
A recensión pode lerse ou descargarse neste enlace.
Ler máis →
Publicado o 29 Maio, 2014 nas categorías Blogs, Ensaio, LibroX, Presentacións
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación na Feira do Libro de Vigo de Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo, de Xesús Alonso Montero.
Pedro Petouto en Vigo
Excelente presentación na Feira do libro de Vigo da quinta edición de Pedro Petouto.
Ler máis →