Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2014

Ramon Vilar Landeira: «Os televisores estrábicos intentan emitir historias dun mundo que está inmerso en profundas mudanzas»

O xornal Crónicas (mensual independente da comarca de Ordes) publica unha entrevista a Ramón Vilar Landeira sobre o seu libro de relatos Os televisores estrábicos.

Actos de Xerais no Festigal 2014

A décimo cuarta edición do Festigal, que terá lugar o 25 de xullo (Día da Patria Galega) no Campus Sur de Santiago de Compostela acollerá, entre outras, a presentación (ás 20:30 horas) do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto e do libro de relatos de Xavier Queipo 55 (ás 21:00 horas).

Entre Kafka e o novo xornalismo: «Silencio», de Fran Alonso. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Silencio, de Fran Alonso.    Entre Kafka e o novo xornalismo Case vinte anos despois da primeira edición de Silencio (1995), ofrécesenos agora esta nova edición nunha colección dirixida a un público xuvenil.

Presentación en Bueu de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O mércores, 23 de xullo, ás 21:00 horas, no Museo Massó, rúa Montero Ríos, s/nº de Bueu terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto, organizado pola librería Miranda, o Museo Massó e Xerais, participarán Manuel Bragado e Xurxo Souto. Imaxe: Mapa do Mar de Irlanda feita por Xurxo Souto.

Small Stations Press lanzará a partir do outono unha serie de literatura xuvenil galega traducida ao inglés

Small Stations Press, o selo editorial de Jonathan Dunne, publicará o vindeiro outono os primeiros títulos da nova serie de literatura xuvenil galega en inglés, Galician Wave, que comza a súa andaina con catro títulos: Aire negro de Agustín Fernández Paz, A Pomba e o Degolado de Fina Casalderrey, O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, e Dragal I, de Elena Gallego Abad.

O bo momento creativo de María Reimóndez: «Volvo! O regreso de Usha»

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre Volvo! O regreso de Usha, de María Reimóndez.   Libros que son continuación de outros. Libros de autoras moi premiadas María Reimóndez anda a demostrar o seu bo momento creativo. Despois do Premio Xerais, acaba de acadar o premio de novela por entregas de La Voz de Galicia.

Manuel Rivas, Premio «Celanova, Casa dos Poetas»

O escritor Manuel Rivas recibirá o XXX Premio «Celanova, Casa dos Poetas» segundo acordou o pasado venres a Fundación Curros Enríquez. Reproducimos a información do xornal Galicia Hoxe.

Metanovela popular: «Liña azul» de David Pobra. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación na Pobra do Caramiñal da novela Liña azul de David Pobra, gañador do IV Premio de Novela Curta »Cidade Centenaria de Riveira».

Poemario de madurez: «dun lago escuro», de Marta Dacosta. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica do poemario dun lago escuro, de Marta Dacosta.   Poemario de madurez Para rematar o curso literario lemos un poemario, este de Marta Dacosta, que é do melloriño que levamos lido de poesía durante o presente curso literario.

Presentación de “A alternativa está aquí” de María Reimóndez na Feira do Libro de Rianxo

O venres, 25 de xullo, ás 13:00 horas, no Salón de Actos do Concello de Rianxo e dentro dos actos organizados con motivo da Feira do Libro de Rianxo, terá lugar a presentación do libro A alternativa está aquí de María Reimóndez.

Unha novela negra chea de humor, sarcasmo e melancolía: «Chovida do ceo», de Alfredo Conde

La Voz de Galicia publicou unha información sobre a entrevista con público que a xornalista Susana Pedreira realizou ao escritor Alfredo Conde na libraría Cronopios de Pontevedra sobre a súa nova novela Chovida do ceo.

Matilde Felpeto descubre todos os segredos do polbo en «O polbo e a súa cociña. 67 receitas da cociña tradicional familiar»

O Diario de Ferrol publica unha información sobre o libro O polbo e a súa cociña. 67 receitas da cociña tradicional familiar de Matilde Felpeto Lagoa.